Okean E

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Okean E foi unha serie de dous satélites artificiais soviéticos lanzados en 1979 e 1980.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites Okean E foron satélites experimentais para monitorizar a superficie oceánica. Eran prototipos dos satélites Okean O1. Estaban baseados no bus Tselina-D e levaban a bordo un radiómetro, un polarímetro para radiación na lonxitude de onda de 3,2 cm, un espectrómetro infravermello e unha cámara multiespectral cunha resolución de 1,8 km.[1][2]

Okean E-1 foi tamén denominado Kosmos 1076 e foi lanzado o 12 de febreiro de 1979, mentres que Okean E-2 (Kosmos 1151) foi enviado ao espazo o 23 de xaneiro de 1980. Ambos satélites foron lanzados mediante foguetes Tsiklon-3 e foron seguidos polos dous satélites tamén experimentais Okean OE.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Okean E-1 12 de febreiro de 1979 Tsiklon-3 Éxito
Okean E-2 23 de xaneiro de 1980 Tsiklon-3 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Okean-E" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Okean-E 1, 2" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]