Ojalá (canción de Silvio Rodríguez)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«Ojalá» é unha canción do cantautor cubano Silvio Rodríguez.

Comeza cun arpexio agudo característico que a identifica desde os primeiros segundos. A contraposición de elementos positivos (Ojalá que las hojas no te toquen el cuerpo cuando caigan / para que no las puedas convertir en cristal) e negativos (Ojalá pase algo que te borre de pronto / una luz cegadora / un disparo de nieve / ojalá por lo menos que me lleve la muerte) foi causa de debates sobre o seu significado. Porén, o autor ten sinalado que se trata dunha canción de amor.[1]

Malia a canción ser composta en 1969, non foi publicada até 1978 no álbum Al final de este viaje.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista, Silvio Rodríguez comentou:[3]

«Ojalá compúxena dedicada a unha muller de nome Emilia Sánchez, que poderiamos dicir, foi o meu primeiro amor. Foi un amor que tiven cando estiven no exército, facendo o servizo militar. Coñecina cando tiña 18 anos, foi o meu primeiro amor importante no sentido de que foi o primeiro amor que me ensinou cousas. Era unha moza moito máis evolucionada ca min, moito máis intelixente, máis culta. Ensinoume, por exemplo, a César Vallejo. Despois tivemos que nos separar, estaba a estudar medicina e, en fin, non lle coincidiu. Non sei por que estudou medicina, cousa tola dela, en realidade sempre foi de letras. Despois estudou letras, marchou á súa vila, Camagüey, estudar iso e eu quedei só aquí na Habana, totalmente desolado. Pasaron os anos e o recordo daquel amor tan bonito, tan produtivo, tan útil (ollo, no confundir con utilitario), enriquecedor... pois, estaba obsesionado eu con esa idea. E porque foi un amor frustrado, tronzado polas circunstancias, pola vida, non foi unha cousa que se esgotara, pois quedoume un pouco como unha pantasma e por iso compuxen esta canción nun momento quizais de delirio, de impulso, de sentimento un pouco desmesurado: oxalá isto, oxalá o outro...»
Silvio Rodríguez

Emilia Sánchez, profesora xubilada de Filoloxía na Universidade de Camagüey,[4] inspirou outras cancións de Silvio Rodríguez: «Emilia», «Te doy una canción» e «Josah es la que pinta».[5]

Outras versións[editar | editar a fonte]

Esta canción for versionada, entre outros, por:

  • Gloria Simonetti
  • Afasto Stivel
  • Sonia Silvestre
  • Los Sultanes
  • Willy Rodríguez, vocalista da banda portorriqueña de reggae Cultura Profética.
  • La M.O.D.A (EP Ojalá, 2016)
  • Florcita Motuda (Florcita Motuda, 1977)
  • Ismael Serrano
  • Tania Libertad
  • Nahuel Pennisi
  • Antílopez
  • Magdalena Cullen

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zurrón del Aprendiz" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2015. 
  2. "Silvio Rodríguez: La verdadera historia de ‘Ojalá’, canción del compositor cubano". El Financiero (en castelán). Consultado o 2022-06-16. 
  3. Zapata, Sandra (1996). Silvio Para Letra y Orquestra (en castelán). Caracas: Alfadil Ediciones. ISBN 9789803540289. 
  4. "'Ojalá', la historia detrás de la icónica canción de Silvio Rodríguez". Grupo Milenio (en castelán). Consultado o 2022-06-16. 
  5. "El día que Silvio Rodríguez escribió Ojalá" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2016. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]