Logo de ser expulsada do Clan do Oso das Cavernas, Ayla decide ir na busca dos que son coma ela, as xentes do Cro-Magnon, e comeza unha viaxe chea de perigos ata que atopa unha cova onde vivir durante unha tempada. Debido á súa mente brillante descubrirá cousas inimaxinables, como domesticar animais e facer lume coas pedras. Tamén coñecerá a un dos que ela chama "Outros", un home que se asemella a ela chamado Jondalar.