O soño
Aparencia
O soño | |
---|---|
Reprodución da portada da edición de 1634. | |
Título orixinal | Somnium |
Autor/a | Johannes Kepler |
Orixe | Sacro Imperio Romano Xermánico |
Lingua | Latín |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1634 2014 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 154 |
ISBN | ISBN 978-84-943230-1-0 |
Tradución | Alfonso Blanco Quintela |
[ editar datos en Wikidata ] |
O soño[1] (en latín: Somnium) é unha novela escrita por Johannes Kepler en latín escrita en 1608. A narrativa non foi publicada até o ano 1634 polo fillo de Kepler, Ludwig Kepler. Na narrativa, un rapaz islandés e a súa nai bruxa que fan unha viaxe onírica até Levania (a nosa Lúa). O soño presenta unha detallada e imaxinativa descrición de como se vería a Terra dende a Lúa, e é considerado o primeiro tratado científico serio sobre a astronomía lunar. Carl Sagan e Isaac Asimov refírense a ela como unha das primeiras obras de ciencia ficción.[2]
Foi traducida ó galego por Alfonso Blanco Quintela[3] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 O soño. Traducido por Alfonso Blanco Quintela (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2014. ISBN 978-84-943230-1-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Carl Sagan. Carl Sagan on Johannes Kepler's persecution.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 69. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.