O gran día de Xirona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O gran día de Xirona
ArtistaRamon Martí i Alsina
Data1863-1864
TécnicaÓleo sobre tea
Dimensións496 cm × 1082 cm
LocalizaciónAntigo Hospital de Santa Caterina (Xirona)

O gran día de Xirona (en catalán: El gran dia de Girona) é unha pintura ó óleo de grandes dimensións (4,96 x 10,82 m) realizada por Ramon Martí i Alsina. Malia que non está datada, os estudosos sitúana entre 1863 e 1864. É a meirande obra de cabalete da historia da pintura catalá.[1] O proceso de creación alongouse preto de 10 anos e estivo a piques de levar á ruína ó autor en diversas ocasións. Actualmente forma parte da colección do Museo Nacional de Arte de Cataluña,[2] e atópase exposta en depósito na sede da Generalitat de Cataluña de Xirona, na igrexa do Antigo Hospital Santa Caterina.

En 1938, durante a Guerra Civil Española, o cadro foi vítima duns bombardeo mentres estaba exposta no Palau de les Belles Arts de Barcelona. Para protexelo, foi enrolado e gardado nunha das salas de reserva do MNAC, agardando s ser restaurado. Alí ficou por uns 70 anos, até que foi finalmente restaurada entre 2009 e 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]