Amaia Salazar é inspectora da Policía Foral Navarra, formada nos Estados Unidos de América canda a axentes do FBI especializada en asasinos en serie. Asígnanlle a investigación da morte dunha rapaza cuxo cadáver apareceu a carón da súa vila natal, Elizondo. A moza apareceu á beira do río Bidasoa -que nesa altura recibe o nome de río Batzán- coas roupas esgazadas e os zapatos colocados no camiño, o pelo da pube depilado e un doce no seu lugar. Ao cabo, aparecen outras dúas rapazas nas mesmas circunstancias. Na vila convive coa súa familia, e lembra circunstancias traumáticas do seu pasado. Ao tempo, coñece personaxes da mitoloxía vasca.
A obra foi traducida ao francés, alemán, inglés, turco, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, éuscaro, grego e galego. Está en proceso de produción a adaptación cinematográfica, dirixida por Peter Nadermann.