O caderno rosa de Lori Lamby
O caderno rosa de Lori Lamby | |
---|---|
Autor/a | Hilda Hilst |
Orixe | Brasil |
Data de pub. | 1990 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O caderno rosa de Lori Lamby é unha obra narrativa en lingua portuguesa da autora brasileira Hilda Hilst, incluída dentro do Ciclo obsceno da autora. As obras que conforman este conxunto son cualificadas a miúdo como “xénero pornográfico” posto que trata de maneira directa e sen tabús a sexualidade.[1] Foi publicada en 1990 por Massao Ohno.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A obra de Hilda Hilst inclúe con frecuencia unha certa obscenidade. O caderno rosa de Lori Lamby está moi marcada polo erotismo. O tema da obra aborda claramente a sexualidade, posto que o argumento trata dunha nena de oito anos que narra as súas experiencias sexuais co fin de axudar ao seu pai, que é escritor e necesita escribir un libro pornográfico, tal como llo pediu o seu editor.
Un dos elementos máis transgresores da obra é o feito de que a escritura do diario se realiza ás costas dos pais de Lori, é dicir, non son conscientes do que a súa filla escribe e por tanto tampouco son conscientes da súa sexualidade. A obra está marcada por tres polos éticos que abranguen toda a obra: a historia debátese ou enfróntase no que atinxe ao ben e ao mal; a lei do mercado; e o imperativo do goce. Ao remate da novela, cando os pais descobren o diario da filla, Lori di que quere axudar ao pai a escribir unha historia pornográfica de éxito para compracer a petición do editor do seu pai e gañar diñeiro. E, para iso, quería inserir parte dos textos atopados entre os proxectos do seu pai.
En canto á lei do mercado inscríbese por baixo do ben e do mal, nas propias cousas que substitúen aos ideais. A súa lei diríxese cara á produción e o consumo comprendidos como a propia finalidade do sistema. Neste caso, fai referencia ao obxectivo do editor que pensa nos números de vendas. O editor defende que o escritor debe satisfacer o gusto do público, e debe prostituír a súa prosa (tal como prostituír os encantos da filla).[2]
Temática e estilo
[editar | editar a fonte]O caderno rosa de Lori Lamby destaca pola mestura de inxenuidade e perversión representada mediante o personaxe infantil de Lori Lamby. Ademais está construída a partir do dobre sentido da palabra “lingua” que achega un carácter obsceno e provocador á obra. Hilst achega o dobre sentido confundindo voluntariamente o instrumento da linguaxe, coa lingua como órgano físico, que funciona, para o personaxe Lori Lamby, como acceso ao coñecemento, recoñecemento e pracer. Nas súas fantasías, Lori é iniciada por homes que lle proporcionan un triplo pracer: o sexo, o coñecemento e o diñeiro, tal como se reflicte no seguinte diálogo:
Lory: “Mami ensinoume que a miña cousiña chámase beizos. [...] Non sei que é mongoloide, logo vou procurar no dicionario que eu teño. ¿Que quere dicir esa expresión "puta"? Síntocho ben. ¿Ti sábelo? Estou aquí para instruírme.[3]
Análise
[editar | editar a fonte]Hilda Hilst trata o tema da sexualidade desde os seus inicios, móstranos as súas complicacións e achégase a un tema tabú na época dos 90 cunha naturalidade e liberdade sorprendentes. Da mesma maneira Hilda Hilst non se identifica con esta Lori de 8 anos que experimenta a súa sexualidade engadindo na contraportada da obra unha foto propia súa cando tiña esa mesma idade.[4]
A obscenidad presente na obra permite unha comparación coas obras de Marqués de Sade, en especial con Eugenia de Franval, obra coa cal comparte a desvinculación das relacións sexuais coa reprodución. No caso do libro O caderno rosa de Lori Lamby o sexo está relacionado unicamente co pracer de Lori, posto que aínda non chegou á etapa da puberdade e por tanto non é imposible que se dea esta reprodución.
Vendo a relación do personaxe principal coa sexualidade presente na obra, deberíase considerar O caderno rosa de Lori Lamby como unha obra obscena ou pornográfica? Hilda Hilst afirma que se considerou unha obra repugnante, pero na súa opinión trátase dunha obra pornográfica para nenos, descríbese a si mesma como unha escritora pornográfica, e considera O caderno de Lori Lamby pornografía infantil.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Véjar, F. (6 de agosto de 2004). "La poeta del erotismo". El Mercurio.
- ↑ En torno de Hilda Hilst. Nilze Maria de Azeredo Reguera e Susanna Busato
- ↑ (Hilst, 2005, p.18-9.)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2018.