O Xobre ou O Maño, A Pobra do Caramiñal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Xobre ou O Maño
FachadaInsti.jpg
Igrexa parroquial e IES da Pobra do Caramiñal.
Concello A Pobra do Caramiñal
Poboación 1.461 hab. (2012)
Entidades de poboación 23

Santa María do Xobre ou Santa María do Maño é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.461 habitantes (692 homes e 769 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.514 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O Xobre na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Campiniño, Campiniño,/ ben te podes alabar,/ tes tres tabernas ó lado/ e bailes na sociedá [1].
  • No Castelo hai boas mozas,/ no Caramiñal pardelas,/ no Maño son pequeniñas,/ no Campiño a frol delas [2]
  • Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [3].
  • Viva O Maño, viva O Maño,/ que é terra de moito pan,/ o forno da miña sogra/ bota uvas polo vran [4].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Xobre ou O Maño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Xobre ou O Maño no concello coruñés da Pobra do Caramiñal

O Arcebispo | Os Areos | Bandaseca | Cabío | Caíños | O Campiño | A Casanova | O Castro | Cercias | A Costa | A Devesa | A Garita | A Laxe | A Lombiña | A Mirandela | O Outeiro | As Pedriñas | A Ponte | A Silva | Vilariño de Abaixo | Vilariño de Arriba | O Xobre | As Xunqueiras

Parroquias da Pobra do Caramiñal[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Pobra do Caramiñal

O Caramiñal (Santa María a Antiga) | Lesón (Santa Cruz) | Posmarcos (Santo Isidro) | O Santiago do Deán ou Castelo (Santiago) | O Xobre ou O Maño (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Recollida en Palmeira (Ribeira), aínda que este lugar do Campiño pertenza á parroquia estremeira do Xobre, do concello da Pobra. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: ven, tés, ô lado.
  2. Recollida na Pobra do Caramiñal. O Campiño é un lugar da parroquia do Maño (ou O Xobre), na Pobra, concello ó que tamén pertence a parroquia do Castelo (ou Santiago do Deán). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 171.
  3. No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.
  4. No texto: pol-o. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 195.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]