O Pazo, Entenza, Salceda de Caselas
O Pazo | |
---|---|
Parroquia | Entenza |
Concello | Salceda de Caselas |
Coordenadas | 42°04′38″N 8°34′13″O / 42.07729310897, -8.5703638096568 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pazo é un lugar da parroquia de Entenza, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas na comarca de Vigo.[1]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Aquí está situado o Centro Cultural e a Casa-Escola de Entenza. O edificio, que data dos anos 30 do século XX, foi restaurado e ampliado nos anos 90. A súa construción foi financiada polos emigrantes na Arxentina a través da sociedade "Hijos de Entienza", para ser usado coma escola. Na actualidade aínda mantén este uso como centro de preescolar, ademais de ser tamén, logo da ampliación, Centro Cultural e contar con pistas deportivas anexas. Este complexo é o centro neurálxico de Entenza e está xestionado pola Comunidade de Montes Veciñais que ten a súa sede no edificio, que tamén é sede do Coro Polifónico de Entenza, da Traída de Augas e da Asociación Xuvenil "A Turonia".
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Entenza
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Entenza no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra) | |
---|---|
Aldegode | A Arrotea | A Ascensión | O Barreiro | A Basquida | As Cabirtas | Os Carboeiros | A Carrilla | O Castelo | O Cerqueiral | A Corisca | O Cruceiro | Donelle | O Eido de Arriba | A Feira | A Igrexa | Os Muíños | O Outeiro | O Pazo | Pedracarballa | Pegade | A Porteliña | A Rebandeira | A Torre | O Torrón |
Parroquias de Salceda de Caselas
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Entenza, Salceda de Caselas". Consultado o 18 de maio de 2023.