O Álamo: Trece días cara á Gloria
Aparencia
O Álamo: Trece días cara á Gloria | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Alamo: 13 Days to Glory |
Director | Burt Kennedy |
Produtor | Bill Finnegan Patricia Finnegan Sheldon Pinchuk |
Guión | Clyde Ware Norman Morrill (como Norman McLeod Morrill) |
Baseado en | Libro de Lon Tinkle |
Intérpretes | James Arness Brian Keith Alec Baldwin |
Música | Peter Bernstein |
Fotografía | John Elsenbach |
Montaxe | Michael N. Knue |
Estudio | Briggle, Hennessey, Carrothers & Associates The Finnegan Company Fries Entertainment Alamo Productions Orion |
Distribuidora | NBC |
Estrea | 26 de xaneiro de 1987 |
Duración | 170 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Épico |
Orzamento | $7 000 000 |
Recadación | $21 000 000 |
Na rede | |
O Álamo: Trece días cara á Gloria (en inglés: The Alamo: 13 Days to Glory) é unha miniserie estadounidense sobre a batalla do Álamo de 1836, posteriormente editada como telefilme. Foi escrito e dirixido por Burt Kennedy, e está protagonizado por James Arness como James Bowie, Brian Keith como Davy Crockett, Alec Baldwin como William Barrett Travis e Raul Julia como Antonio López de Santa Anna. Ó contrario que a maioría dos filmes sobre a batalla do Álamo, a historia céntrase en Bowie como personaxe principal e non en Crockett.
A produción rodouse en Alamo Village, a réplica do Álamo construída por John Wayne que foi empregada para rodar o filme de 1960 O Álamo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Álamo: Trece días cara á Gloria na IMDb (en inglés).