OUAS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

OUAS é unha organización educativa pública de Finlandia, coñecida pola abreviatura en inglés Oulu University of Applied Sciences. Esta Universidade de Ciencias Aplicadas de Oulu, coñécese en finés como Oulun ammattikorkeakoulu.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Distribúe os seus catro campus no norte de Finlandia. Tres na cidade de Oulu, capital do municipio do mesmo nome, e un cuarto na cidade de Oulainen, a 100 km de distancia.

A OUAS ocupa a 650 docentes que imparten formación a 9.000 alumnos.[2]

Actividade[editar | editar a fonte]

A oferta formativa abrangue 35 programas de grao e mestrado nas disciplinas de ciencias sociais, cultura e recursos naturais renovables, enxeñería, información comercial e saúde.

Con énfase en I+D+I, fai especial fincapé nos estudos de Enerxía, recursos naturais e Medio Ambiente, así como de Saúde e benestar no futuro. Todas as disciplinas oriéntanse á mellora do modelo construtivo condicionado ao chan e clima autóctono, con propostas enerxéticas intelixentes, economía de recursos naturais, sostibilidade e baixa produción de carbono.

Actualidade[editar | editar a fonte]

Alén o persoal docente fixo, á OUAS adhírense directores, coordinadores, planificadores e xestores financeiros para o desenvolvemento de proxectos, tanto a nivel local como rexional, nacional e transfronterizos.

Tras disolver a súa sociedade con NPP-Sustainable Living Assistant (SuLA) e OCTES e PELLETime, grazas ao financiamento de NPA desenvolve o seu proxecto estrela, o e-Lighthouse, sendo así mesmo asociada no proxecto NPA Smart-Fish, buscando potenciar o desenvolvemento socioeconómico local do norte de Finlandia.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]