Organismos Públicos de Investigación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «OPIs»)
Centro Oceanográfico da Coruña, do Instituto Español de Oceanografía.

Denomínanse Organismos Públicos de Investigación (OPIs) de España aquelas institucións creadas pola Administración Xeral do Estado para a execución directa de actividades de investigación científica e técnica e actividades de prestación de servizos tecnolóxicos.[1]

Foron creados de acordo coa Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación (BOE núm. 131, de 2 de xuño de 2011).[2]

Funcións[editar | editar a fonte]

Ademais das sinaladas no cabeceiro do artigo, son competencia dos OPIs aquelas outras actividades de carácter complementario, necesarias para o adecuado progreso científico e tecnolóxico da sociedade, que lles sexan atribuídas pola lei ou polas súas normas de creación e funcionamento. Ademais, o Instituto de Salud Carlos III realizará actividades de financiamaento da investigación científica e técnica.[1]

Obxectivos[editar | editar a fonte]

A lei de fundación establece o marco para o fomento da investigación científica e técnica e os ses instrumentos de coordinación xeral, co fin de contribuír á xeración, difusión e transferencia do coñecmento para resolver os problemas esenciais da sociedade. O obxectivo fundamental é a promoción da investigación, o desenvolvemento experimental e a innovación como elementos sobre os que ten que asentarse o desenvolvemento económico sostíbel e o benestar social.[2]

Os obxectivos xerais da lei fundacional son os seguintes:[2]

  • Fomentar a investigación científica e técnica en todos os ámbitos do coñecemento, como factor esencial para desenvolver a competitividade e a sociedade baseada no coñecemento, mediante a creación dun ambiente económico, social, cultural e institucional favorábel ao coñecemento e á innovación.
  • Impulsar a transferencia favoreciendo a interrelación dos axentes e subministrando unha eficiente cooperación entre as distintas áreas do coñecemento e a formación de equipos multidisciplinares.

OPIs da Administración Xeral do Estado[editar | editar a fonte]

Sede central do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Madrid.

Teñen a condición de Organismos Públicos de Investigación da Administración Xenal do Estado:[1]

Coordinación[editar | editar a fonte]

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades encárgase da coordinación das actuacións dos OPIs.

Próxima reorganización[editar | editar a fonte]

Hai uns meses o ministro de Ciencia, Pedro Duque, informou por carta ao persoal do IEO, do INIA e do IGME, da preparación dun Real Decreto no que se incluiría a estes Organisnmos de Investigación dentro da estrutura da Axencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, o que causou inquietude entre o persoal destes organismos, especialmenrte nos do IEO, e tamén no sector pesqueiro, que xa sospeitaban esta integración e xa manifestaran, ambos os grupos, convencidos de que esta dilución iría en detrimento do asesoramento pesqueiro que o IEO subministraba ao sector da pesca. Duque asegurou que non, que este paso dase «convencidos de que é a mellor opción para aumentar as capacidades da investigación española e para mellorar a xestón científica e administrativa destes tres organismos». Tras este plural que declina o ministro, agóchanse as «opinións e propostas de investigadores, técnicos, xestores e representantes sindicais dos tres OPI», e engloba tamén aos técnicos do ministerio que analizarron a situación de colapso administrativo e de xestión que afecta aos tres entes, pero máis acusado, se cabe, no caso do IEO, inmerso nunha crise que levou por diante á mesma cúpula do Instituto, agora renovada. A conclusión é que a absorción, que xa estaba avanzada na Lei da Ciencia do 2011, subministrará a estes organismos unha estrutura científica e administrativa máis áxil e flexíbel que lles permitirá realizar unha investigación de excelencia para «unha óptima prestación de servizos esenciais para a nosa economía». É precisamente esta excelencia a que preocupa aos científicos do IEO e inquieta a armadores e pescadores; sosteñen que este "modelo competitivo", que prima a publicación en revistas científicas de impacto e o currículo persoal, vai acabar debilitando, sexa a medio ou a longo prazo, o carácter sectorial e a función de asesoramento que acompaña ao Instituto desde a súa fundación, «á xente non lle vai quedar máis remedio que adaptarse á nova situación laboral e modificar o perfil profesional para buscar a excelencia», din fontes do persoal do IEO, e iso non vén dado polos días de campaña de pesca ou as reunións internacionais de asesoramento, co que terán máis dificultades para promocionar e mellorar salarialmente. Pero Duque argumenta que os OPI manterán os «seus centros, institutos e laboratorios, salvagardando a súa identidade histórica, o seu orzamento operativo e as súas capacidades de investigación e de asesoramento científico-técnico» ás institucións do Estado e aos sectores produtivos; incluso o persoal conservará o seu corpo ou escala, antigüidade, grao e retribucións que tiveran consolidadas, e cos mesmos dereitos e obrigas. É mais, desde o ministerio apuntan que o real decreto que está a preparar, a nova estrutura mantén os organismos que estaban representados no consello reitor que, tras a absorción, pasará a denominarse "comisión coordinadora de investigación". En definitiva, que os cambios redundarán nunha «investigación mellor», creando sinerxias cos centros do CSIC que traballan nos mesmos ámbitos, o que dará «maior capacidade para abordar proxectos máis ambiciosos» e captar fondos en convocatorias nacionais e internacionais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]