North American Hockey League (1973–1977)
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América |
Vixencia | 1973 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
A North American Hockey League (NAHL) foi unha liga menor profesional de hóckey sobre xeo que se disputou entre 1973 e 1977 en América do Norte. Moitos dos equipos da NAHL funcionaron como equipos de desenvolvemento para as franquías da World Hockey Association. A NAHL foi unha das dúas ligas, xunto coa Southern Hockey League, que formaban a Eastern Hockey League cando esta cesou as súas operacións en 1973. A Lockhart Cup (denominada así en honor ao membro do Hockey Hall of Fame Lockhart) era entregada ao campión da liga. Coa perda do número de franquías, a NAHL decidiu poñer punto e final á súa existencia en setembro de 1977.[1]
A liga inspirou o filme de 1977 Slap Shot.
Historia
[editar | editar a fonte]O 1 de maio de 1973, a Eastern Hockey League (EHL), que vivía unha segunda forma (unha forma de afeccionados entre 1933 e 1953, e unha forma profesional entre 1953 e 1973) suspendeu as súas actividades, dando como resultado a creación de dúas novas ligas: a Southern Hockey League e a North American Hockey League.[2]
A liga comezou na tempada 1973-74, sendo o comisario da liga John Timmins, e o presidente Bill Rocheleau. A liga suspendeu as súas actividades ao finalizar a tempada 1976-77, desaparecendo definitivamente o 24 de setembro de 1977 despois dunha votación maioritaria dos gobernadores a favor da súa disolución. Para asegurar a existencia dos Syracuse Blazers e a viabilidade da liga, os outros equipos terían que pagar 50.000 dólares cada un, e os propietarios preferiron desmantelar a competición.[3]
Equipos
[editar | editar a fonte]Ao longo da historia da liga participaron 11 equipos na mesma:[2]
Equipo | Anos | Tempadas | Cidade |
---|---|---|---|
Beauce Jaros | 1975–1976 | 2 | Saint-Georges, Quebec |
Broome Dusters | 1973–1977 | 4 | Binghamton, Nova York |
Buffalo Norsemen | 1975–1976 | 1 | North Tonawanda, Nova York |
Cape Cod Cubs / Cape Codders | 1973–1976 | 3 | South Yarmouth, Massachusetts |
Erie Blades | 1975–1977 | 2 | Erie, Pensilvania |
Johnstown Jets | 1973–1977 | 4 | Johnstown, Pensilvania |
Long Island Cougars | 1973–1975 | 2 | Commack, Nova York, Nova York |
Maine Nordiques | 1973–1977 | 4 | Lewiston, Maine |
Mohawk Valley Comets | 1973–1977 | 4 | Utica, Nova York, Nova York |
Philadelphia Firebirds | 1974–1977 | 3 | Filadelfia, Pensilvania |
Syracuse Blazers | 1973–1977 | 4 | Syracuse, Nova York |
Campións da Lockhart Cup
[editar | editar a fonte]O campión das series finais da liga recibía a Lockhart Cup:[2]
Tempada | Nº de equipos | Campión | Finalista | Resultado |
---|---|---|---|---|
1973-74 | 8 | Syracuse Blazers | Long Island Cougars | 4-0 |
1974-75 | 7 | Johnstown Jets | Broome Dusters | 4-0 |
1975-76 | 10 | Philadelphia Firebirds | Beauce Jaros | 4-2 |
1976-77 | 8 | Syracuse Blazers | Maine Nordiques | 4-0 |