Noa Presas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Noa Presas Bergantiños»)
Infotaula de personaNoa Presas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: NoaPresas Twitter: noaourense Instagram: noapresas Editar o valor em Wikidata

Noa Olalla Presas Bergantiños, nada en Ourense o 2 de outubro de 1987, é unha profesora e política galega do BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ten o mestrado universitario de Profesorado. Aos 16 anos entrou nos CAE e comezou a militar no BNG. Traballou como lingüista, profesora no ensino, e teleoperadora nun servizo de atención ao cliente. Foi cabeza de lista da provincia de Ourense polo BNG nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016,[1] sendo elixida deputada do Parlamento de Galicia.[2][3]

En xullo do 2022 fixo público a través das súas redes sociais que aprobara as oposicións de ensino secundario. En 2023 preséntase como cabeza de lista por Ourense ao Congreso.[4] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Ourense.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O BNG aproba as súas candidaturas para as autonómicas". Praza Pública. 23 de xullo de 2016. Consultado o 7 de abril de 2017. 
  2. "Parlamento de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2017. Consultado o 7 de abril de 2017. 
  3. BNG (ed.). "Parlamento Galego". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2018. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  4. "Néstor Rego, Daniel Castro, Noa Presas e Carme da Silva encabezan as listas do BNG ao Congreso". Praza Pública. 2023-06-16. Consultado o 2023-06-17. 
  5. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]