No Pocky for Kitty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No Pocky for Kitty
Álbum de Superchunk
Publicado30 de outubro de 1991
Gravación21-23 de abril de 1991
Estudio(s)Chicago Recording Company
Duración33:37
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Matador Records
Producido porSteve Albini
Cronoloxía
Superchunk No Pocky for Kitty Tossing Seeds

No Pocky for Kitty é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Superchunk, publicado o 30 de outubro de 1991 a través do selo Matador Records. Foi gravado entre os días 21 e 23 de abril de 1991 no estudio Chicago Recording Company por Steve Albini. No ano 1999 Merge Records reeditou o disco.

Albini non aparece acreditado no libreto, que di "Producido cos ollos pechados por Laura, que estaba sentada na cadeira correcta". A referencia é a Laura Ballance, a baixista do grupo.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Skip Steps 1 & 3"   3:07
2. "Seed Toss"   2:59
3. "Cast Iron"   3:48
4. "Tower"   2:47
5. "Punch Me Harder"   2:13
6. "Sprung a Leak"   3:01
7. "30 Xtra"   2:31
8. "Tie a Rope to the Back of the Bus"   2:54
9. "Press"   2:08
10. "Sidewalk"   3:02
11. "Creek"   1:41
12. "Throwing Things"   3:26