Ninot indultado
O ninot indultado (ninot indultat en valenciano) é o ninot da única falla que a votación do público da Exposición do Ninot decide que non sexa incinerado na noite da cremà.
Características
[editar | editar a fonte]Normalmente, os votantes non teñen un criterio fixo á hora de escoller cal será o ninot indultado. Adoita ser aquel que, por cuestións de estética ou ben porque representa un símbolo importante para os valencianos, resulta máis gracioso ou está mellor elaborado. No ano 2008, o ninot indultado foi o da falla de Nou Campanar.
Nos anos vinte, cando por fin as fallas acadaron unha connotación artística, foi cando por primeira volta se propón, de xeito popular, liberar do lume un ninot. En 1924 é proposto formalmente por primeira vez, aínda que non tivo unha grande acollida, porque se pensaba que era un acto oposto ao auténtico significado das fallas.
En 1933 realízase a primeira cabalgata descritiva das fallas, facendo desfilar ninots cos artistas e os falleiros, e por primeira volta, indúltase un ninot por votación popular. En 1934 Regino Mas, artista falleiro e membro da asociación de artistas falleiros efectuou a proposta "l'indult del foc" (o indulto do lume), onde se reflectía a insistencia popular en liberar o ninot das lapas. Finalmente, no 1936 realizouse por primeira vez a cabalgata do ninot, tradición que se mantén até a actualidade.