Nikita Pustoviat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nikita Pustoviat
Nikita Pustosviat. Dispute on the Confession of Faith detail (Nikita Pustosviat).jpg
Nome completoНикита Константинович Добрынин
Falecemento11 de xullo de 1682
 Moscova
Causadecapitación
NacionalidadeTsarato ruso
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]

Nikita Pustoviat (en ruso: Никита Пустосвят), nado como Nikita Konstantinovich Dobrynin (en ruso: Никита Константинович Добрынин) en data descoñecida e finado o 11 de xullo de 1682, foi un dos xefes dos vellos crentes rusos durante o raskol, cisma na Igrexa ortodoxa rusa no século XVII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descoñécese o ano e lugar do seu nacemento. Sábese que Nikita era sacerdote en Suzdal e que participaba na edición de libros litúrxicos durante o pontificado do patriarca Xosé.

En 1659 Nikita chegou a Moscova e presentou unha queixa sobre o arcebispo de Suzdal Stefan, acusándolle de afastamento da ortodoxia. Cando Stefan foi absolto, apartou a Nikita do seu posto. Nikita denunciouno novamente ante o tsar Aleixo, cunha listaxe pormenorizada das acusacións. Desta vez as acusacións tiveron efecto, e Stefan foi trasladado de Suzdal a Moscova; porén a Nikita non lle foron levantadas as sancións.

Baixo a sanción, comezou a elaborar unha petición (chelobitnaia), que rematou a finais de 1665. Coñecedoras da súa existencia, as autoridades a confiscaron, e ordenaron ao metropolita Paisios Ligarides e a Simeón de Polack que prepararan unha refutación. As opinións contrarias á petición de Nikita foron lidas na súa presenza no concilio de 16661667, mais el reaccionou mantendo a súa postura e acusando aos bispos de ignorancia. O concilio decidiu entón excomungar a Nikita e encerralo no mosteiro de Ugresha. Enviou entón peticións de perdón ao tsar e ao concilio, e o 26 de agosto de 1667 foi liberado por orde real e levado a Moscova, sen restituirlle no seu cargo.

Dende entón até 1682 non se teñen máis datos del. Nese ano, os vellos crentes tiveron unha participación destacada no alzamento de Moscova de 1682, e o apoio á súa causa medrou entre os streltsy.[1] Pustosviat conseguiu que tivera lugar un debate o 5 de xullo de 1682 en presenza do tsar; porén, o debate foi inútil para el: ao día seguinte a tsarevna Sofía ordenou a súa captura; Nikita foi decapitado e os seus compañeiros encerrados en mosteiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Melton, J. Gordon (2014). Faiths Across Time. ABC-CLIO. p. 1250. ISBN 9781610690263.