Nike Deacon foi o nome dun modelo de foguete sondaestadounidense de propelente sólido desenvolvido nos anos 1950 usando unha primeira etapa Nike e unha segunda Deacon. Con 217 kN de pulo, podía elevar 23 kg de carga útil a 160 km de altura. Foi lanzado 18 veces para facer estudos de densidade da atmosfera superior, sondaxes atmosféricas e estudos de transferencia de calor.[1]