Nieves de Hoyos Sancho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNieves de Hoyos Sancho
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Campoo de Enmedio, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 2001 Editar o valor em Wikidata (92/93 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropóloga , etnógrafa , mestra , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuis de Hoyos Sainz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1702990


Nieves de Hoyos Sancho, nada en Campoo de Enmedio en 1908 e finada en Madrid o 29 de xuño de 2001, foi unha mestra, etnógrafa, folklorista e escritora cántabra, directora e conservadora do Museo del Pueblo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do naturista, antropólogo e etnólogo Luís de Hoyos Sainz. Alumna do Instituto-Escola, incorporouse ás investigacións sobre etnografía española iniciada polo seu pai.[2][3] A colaboración intensificouse cando, ademais de discípula e colaboradora, Nieves se converteu en del por mor do agravamento da cegueira progresiva que padeceu.[4]

En 1944 publicou co seu pai o Manual Folklore.

El investigador que quiera conocer a fondo la ciencia folklórica y la vida popular tradicional no debe dejar de leer el eruditísimo libro Manual de Folklore de don Luis de Hoyos y su hija Nieves (ABC, 1949)[5]

Logo do falecemento do seu pai en 1951 Nieves seguiu traballando cos arquivos e material que el recompilara. En 1954 publicou o Refranero agrícola español[6] e mais El traje regional, na que achegou o criterio para clasificar en cinco as zonas en que podían agruparse os traxes rexionais.[7]

Museo do Traxe e parte do Museo de Antropoloxía. No primeiro consérvase o arquivo persoal de Luis de Hoyos e de Nieves de Hoyos.

Entre 1963 e 1971 dirixiu o Museo del Pueblo[8][9] A súa obra componse de máis dun centenar de traballos e monografías publicados en xornais, semanarios e revistas especializadas e segue sendo referente nas investigacións. O arquivo persoal e a biblioteca de Luis e de Nieves de Hoyos forma parte do fondo bibliográfico do Museo do Traxe, na sección especial. Son 2000 títulos, destacando polo seu volume as de ámbito hispanoamericano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ABC. Edición Madrid, 3 de xullo de 2001.
  2. Ortiz García, Carmen (1994). Diccionario histórico de la antropología española. CSIC. p. 385-387. 
  3. García-Matos Alonso, Carmen. "Presencia de la mujer en la recogida de cancioneros folklóricos" (278). 
  4. Noel, David. "D. Luis de Hoyos Sáinz" (PDF). Revista Nuestra Historia. Casino de Madrid. 
  5. Echevarría Bravo, Pedro (1949). "El folklore y su relación con el municipio". REVL (43). 
  6. Sevilla Muñoz, Juan (6 de decembro de 1996). "Sobre la paremiología española" (PDF). 
  7. González Mena, María Ángeles. "Colección pedagógico textil de la Universidad Complutense de Madrid". 
  8. Ortiz García, Carmen; Sánchez Gómez, Luis Ángel (eds.). Diccionario histórico de la antropología española. CSIC-CSIC PRESS. ISBN 8400074432. 
  9. Hoyos y Sancho, Nieves de (1971). "Fondos de Vizcaya y Guipúzcoa en el Museo del Pueblo Español" (PDF). MUNIBE (San Sebastián) Sociedad de Ciencias Naturales ARANZADI. año XXIII (4).