Nieuport & General Aircraft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nieuport & General Aircraft
Tiponegocio
Data de fundación1916
Data de disolución1920
SedeLondres
editar datos en Wikidata ]

Nieuport & General Aircraft Company Ltd foi un fabricante de avións británico, establecido durante a primeira guerra mundial para construír avións franceses Nieuport baixo licenza, que pechou en 1920.

Historia[editar | editar a fonte]

O 16 de novembro de 1916, Samuel Waring, o propietario do fabricante de mobles Waring & Gillow, estableceu a Nieuport & General Aircraft Company en Cricklewood, Londres, para construír o caza francés Nieuport 11 baixo licenza.[1][2] A compañía fabricou 50 cazas Nieuport 17bis antes de cambiar a produción cara o máis capaz Sopwith Camel,[1][3] construíndo 400 Camels, e con 100 Sopwith Snipes sendo entregados tras a guerra.[4]

En 1917, unha investigación oficial (o Informe Burbidge) sobre as actividades da Royal Aircraft Factory levou a deter o deseño e construción de avións en Farnborough e a separación dos equipos de deseño da fábrica. Nieuport & General aproveitouse desta situación para contratar a Henry Folland, o deseñador do caza S.E.5, como deseñador xefe.[5] Folland deseñou unha serie de avións, e o caza Nieuport Nighthawk foi ordenado para a produción en agosto de 1918,[6] pero o fallo do motor escollido para alimentalo xunto co final da primeira guerra mundial, fixo que a produción finalizase e o Nighthawk non entrase en servizo.

Nieuport & General deixou de operar en agosto de 1920, xunto coas outras compañías de aeronaves propiedade de Waring, British Aerial Transport (BAT) e Alliance Aeroplane Company.[7][8] Folland foi contratado pola Gloster Aircraft Company, continuando o desenvolvemento do Nighthawk.[9]

Avións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gunston 2005, p. 33
  2. Flight 16 de novembro de 1916, p. 1016
  3. Bruce 1976, p. 152
  4. Bruce 1957, pp. 591-592
  5. Bruce 1965, p. 168
  6. Mason 1992, p. 150
  7. Bruce 1957, p. 32
  8. Flight 19 de agosto de 1920, p. 907
  9. James 1971, pp. 7-9

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bruce, J.M. (1957). British Aeroplanes 1914–18. London: Putnam.
  • Bruce, J.M. (1965). War Planes of the First World War: Volume One: Fighters. London: Macdonald.
  • Bruce, J. M. (1976). "Those Classic Nieuports". Air Enthusiast Quarterly, Number Two. Bromley: Fine Scroll. pp. 137–153.
  • Gunston, Bill (2005). World Encyclopedia of Aircraft Manufacturers. Stroud: Sutton Publishing (2ª edición). ISBN 0-7509-3981-8.
  • James, Derek N. (1971). Gloster Aircraft since 1917. London: Putnam. ISBN 0-370-00084-6.
  • Mason, Francis K. (1992). The British Fighter since 1912. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press. ISBN 1-55750-082-7.