New Technology File System

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

NTFS (New Technology File System, "Sistema de Ficheiros de Nova Tecnoloxía"); é un sistema de ficheiros utilizado polas versións de Microsoft Windows con un núcleo (kernel) baseado en NT. A versión máis nova é a empregada por Windows XP que é a 3.1 (chamada ás veces 5.1 pola versión do Kernel).

Características[editar | editar a fonte]

NTFS é o sistema ficheiros estándar de Windows NT e dos seus descendentes (as gamas 2000, XP e 2003). As versións 9x (MS-DOS, Windows 95, Windows 98 e Windows ME) non poden ler este sistema de ficheiros de maneira predeterminada, pero existen utilidades para salvar esta carencia.

NTFS substituíu ao anterior sistema de ficheiros de Microsoft, chamado FAT común a MS-DOS e ás versións tempranas de Windows.

NTFS incorpora moitas melloras sobre o sistema FAT, como compatibilidade mellorada con metadatos, e o uso de estrutura de datos avanzadas (árbores-B) para optimizar o rendemento, estabilidade, e o aproveitamento do espazo no disco, ademais de novas características adicionais, como a seguridade, as listas de control de acceso, o rexistro de transaccións (journaling) e poder asociar uns ficheiros a outros.

Hai tres versións de NTFS: v1.2 en NT 3.51 e NT 4, v3.0 en Windows 2000 e v3.1 en Windows XP e Windows 2003 Server. Estas versións reciben en ocasións as denominacións v4.0, v5.0 e v5.1, en relación ca versión de Windows na que foron incluidas. As versións máis recentes van incluíndo algunhas características novas: en Windows 2000 introducíronse as cuotas.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Windows NT

Sistema de ficheiros

FAT

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Documentación sobre NTFS