Saltar ao contido

Nervio axilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nervio circunflexo da escápula»)

O nervio axilar é un nervio do membro superior humano pertencente á rexión posterior da escápula. Orixínase no fascículo posterior do plexo braquial. Sae da axila pola parede posterior e entra na rexión posterior escapular, onde discorre preto da arteria e vea circunflexa umeral posterior, pasando polo pescozo cirúrxico do úmero.

O nervio axilar innerva:

Ten ademais unha póla cutánea, o nervio cutáneo lateral superior do brazo, que recolle a sensibilidade xeral da pel situada sobre a parte inferior do músculo deltoide

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body. Edición de 1918 de dominio público (en inglés)