Neoazucres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Reciben o nome de neoazucres unha serie de azucres da familia dos fruto-oligosacáridos.

Os neoazucres obtéñense pola fixación, grazas ó encima frutosal-transferase, dunha ou varias unidades de frutosa, provenientes das moléculas de sacarosa sobre unha molécula de sacarosa-frutosa. Son disolucións que conteñen unha mestura de GF2 (1 molécula de frutosa fixada ), GF3 (2 moléculas de frutosa fixadas) e GF4 (3 moléculas de frutosa fixadas).

O poder edulcorante destas disolucións varía coa súa composición e oscila entre 30 e 60, o que quere dicir que teñen un poder para adozar de 30 a 60 veces maior que o da sacarosa. A estabilidade destas disolucións é bastante boa tanto en medio ácido como en quente

Actilight e Raftilose (marcas rexistradas) son mesturas de fruto-oligosacáridos.