Nené Estivill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nené Estivill
Nacemento1926
 Pontevedra
Falecemento30 de marzo de 2011
 Palma
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónartista de banda deseñada
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Santamaría Estivill nado en Pontevedra en 1926 e finado en Palma o 30 de marzo de 2011[1], foi un historietista galego, máis coñecido como Nené Estivill. Foi creador de personaxes como Agamenón e La terrible Fifí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a súa carreira como debuxante profesional durante os anos 50, en revistas galegas como Camino ou Potosí, así como en "La Risa" de Editorial Marco,[2] onde creou as súas primeiras series: O malvado Doutor Cianuro e o seu axudante Panduro e Cañete Camarón, deportista de afección. En 1956 foi contratado por Editorial Valenciana, e no semanario Jaimito, de dicha editorial, publicou unha nova serie, La Bola, así como novas entregas das aventuras de Cañete Camarón.

En 1958 comeza a traballar para os semanarios de Editorial Bruguera, primeiro con chistes soltos, e logo coas historietas de La terrible Fifí (en Pulgarcito) e Silvano Mengano (en Can Can). A primeira tivo un gran éxito e publicouse en varias das revistas de cómics de Bruguera.

En 1961 aparece outro dos seus grandes personaxes, Agamenón, na segunda etapa da revista Tío Vivo. Foi unha das poucas historietas de Bruguera en que se mostrou un ambiente rural.

Continuou traballando como historietista até os anos 70.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vaquer, Jaume (03/04/2011). Nené Estivill ha fallecido, "Neuras y paranoias".
  2. Ramírez (1975), p. 42.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]