Nematophyta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nematophyta
Rango fósil:
Cámbrico (hai 410 Ma [2]) ata finais do Silúrico ou principios do Devónico
Cutícula de Cosmochlaina, recollida en Burgsvik, Suecia por maceración con ácido. Células duns 12 μm de diámetro.
Cutícula de Cosmochlaina, recollida en Burgsvik, Suecia por maceración con ácido. Células duns 12 μm de diámetro.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Plantas ?
Strother 1993[1]
Filo: Nematophyta Lang 1937 [3]
Xéneros

Familia Nematothalaceae:

  • Nematothallus Lang 1937
  • Cosmochlaina Edwards 1986

Familia Nematophytaceae:

  • Nematoplexus Lyon 1962
  • Nematasketum Burgess e Edwards, 1988
  • Prototaxites Dawson 1859[4]

As nematófitas ou nematófitos (Nematophyta) son un grupo parafilético de organismos terrestres extintos de tipo vexetal, que probablemente incluía algunhas plantas e tamén algas[5][6] que se coñecen polo seu rexistro fósil datado desde o Silúrico ata inicios do Devónico (sílex de Rhynie, Escocia).[7] O xénero tipo Nematothallus, que tipifica o grupo, foi descrito por primeira vez por Lang en 1933,[3] que o imaxinou como unha planta talosa con características tubulares e esporófitos, cuberta por unha cutícula que preservou as impresións das células subxacentes. Lang atopou abondosos restos disgregados con estas tres características, pero ningún deles estaba conectado cos outros, o que facía que a reconstrución destes restos como con partes constituíntes dun mesmo organismo fose hipotética. Non se coñecen neste fósil estruturas reprodutoras ou vexetativas comúns ás doutras plantas,[8] e certos membros do plexo nematófito (incluíndo Nemataplexus, conxugacións axiais de tubos bandeados ou ramificados) parecen pertencer a fungos.[9]

A falta dunha clara definición dos nematófitos fixo que fosen utilizados como un taxón caixón de xastre, e denominábanse "nematofíticos" a todos os tipos de tubos e cutículas con marcas de células do Silúrico.

Os nematófitos, con cutículas e tubos bandeados, atopáronse en coprólitos producidos aparentemente por miriápodos.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Strother, P.K. (1993). "Clarification of the Genus Nematothallus Lang". Journal of Paleontology 67 (6): 1090–1094. JSTOR 1306131. 
  2. Graham, L.; Wilcox, L.; Cook, M.; Gensel, P. (2004). "Resistant tissues of modern marchantioid liverworts resemble enigmatic Early Paleozoic microfossils". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 101 (30): 11025–11029. Bibcode:2004PNAS..10111025G. doi:10.1073/pnas.0400484101. PMC 503736. PMID 15263095.
  3. 3,0 3,1 Lang, W.H. (1937). "On the Plant-Remains from the Downtonian of England and Wales". Philosophical Transactions of the Royal Society B 227 (544): 245–291. Bibcode:1937RSPTB.227..245L. JSTOR 92244. doi:10.1098/rstb.1937.0004. 
  4. Incluído nos Nematophyta por Tayylor, W. A.; Wellman, C. H. (2009). "Ultrastructure of Enigmatic Phytoclasts (Banded Tubes) from the Silurian-Lower Devonian: Evidence for Affinities and Role in Early Terrestrial Ecosystems". PALAIOS 24 (3): 167–180. doi:10.2110/palo.2008.p08-046r. [1]
  5. Smith, M. R.; Butterfield, N. J. (2013). "A new view on Nematothallus: Coralline red algae from the Silurian of Gotland". Palaeontology 56 (2): 345–357. doi:10.1111/j.1475-4983.2012.01203.x. [2]
  6. Niklas, K. J. (1976). "Chemical Examinations of Some Non-Vascular Paleozoic Plants" (PDF). Brittonia 28 (1): 113–137. JSTOR 2805564. doi:10.2307/2805564. 
  7. Fayers; Trewin, Nigel H. (2003). "A review of the palaeoenvironments and biota of the Windyfield chert". Transactions of the Royal Society of Edinburgh: Earth Sciences 94 (4). doi:10.1017/S0263593300000729. 
  8. Strother, P.K. (1988). "New Species of Nematothallus from the Silurian Bloomsburg Formation of Pennsylvania". Journal of Paleontology 62 (6): 967–982. JSTOR 1305385. 
  9. Edwards, D.; Axe, L. (2012). "Evidence for a fungal affinity for Nematasketum, a close ally of Prototaxites". Botanical Journal of the Linnean Society 168 (1): 1 –18. doi:10.1111/j.1095-8339.2011.01195.x. [3]
  10. Edwards, D.; Selden, P. A.; Axe, L. (2012). "Selective Feeding in an Early Devonian Terrestrial Ecosystem". PALAIOS 27 (7): 509. doi:10.2110/palo.2011.p11-094r. [4]
  • McGregor and Narbonne (1978): "Upper Silurian trilete spores and other microfossils from the Read Bay Formation, Cornwallis Island, Canadian Arctic"