Neferkara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNeferkara
Biografía
Faraón
2750 a. C. – 2748 a. C.
Faraón
2724 a. C. – 2719 a. C.
← Sened, Neferkasokar
Q110644602 Traducir
Q110644534 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntigo Exipto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigo Exipto Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor em Wikidata
FamiliaSegunda Dinastía de Exipto Editar o valor em Wikidata

Neferkara, ou Seneferka (?), foi un faraón da segunda dinastía de Exipto, c. 2724-2719 adC (von Beckerath)

O seu nome de Horus puidese ser Seneferka. Só se coñece polas súas referencias nas Listas Reais de Exipto e as inscricións, co nome Seneferka, atopadas en recipientes da tumba 3505, en Saqqara, pertencente ao alto oficial Merka, datado no reinado de rei Qaa, que gobernou ao final da primeira dinastía (Emery)

Na Lista Real de Saqqara Neferkara é o oitavo nome e está situado entre Sened e Neferkaseker, na segunda dinastía. No Canon Real de Turín Neferkara, ou Aaka, está no rexistro 2.25, entre Sened e Neferkasocar.

Durante o Período tardío de Exipto, este faraón, gozou de gran popularidade.

Tesemuños da súa época[editar | editar a fonte]

  • Inscricións de Seneferka en recipientes da tumba 3505, en Saqqara (Emery)
  • Descubriuse un selo cilíndico co seu nome, pero posiblemente non sexa da súa época.


Outras hipóteses[editar | editar a fonte]

Algúns exiptólogos opinan que o rexistro 2.25 do Canon Real de Turín podería verse como Aaka, resultando difícil a súa lectura.

Os exiptólogos situaron normalmente a Sejemib, Sesojris, como sucesor de Sened, Sethenes, pero na lista de Sincelo, tomada de Manetón, hai dous reis entre eles, Kaires e Neferjeres, e na Lista Real de Saqqara hai tres reis entre eles, Neferkara, Neferkasocar e Hudjefa.

Predecesor:
Sened
Faraón
Segunda dinastía
Sucesor:
Neferkasokar