Nef'i
Nome orixinal | (ota) ارضروملى عُمر بن عبد الله |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1572 (Gregoriano) Pasinler, Turquía (en) |
Morte | 27 de xaneiro de 1635 (62/63 anos) Istambul, Turquía |
Causa da morte | pena de morte, enforcamento |
Bey of Dulkadir (en) | |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Sátira |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables |
Nefʿī (نفعى) pseudónimo literario (turco otomán: مخلص maḫlaṣ) de Ömer [1] (عمر), nado en Hasankale en 1572 e finado en Istambul o 27 de xaneiro de 1635, foi un poeta e satirista otomán
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nefʿī mudouse á caital otomá Istambul antes de 1606, cando se sabe que traballaba como burócrata no posto de controlador de minas (maden mukataacısı). Nef'i intentou conseguir o interese do sultán para a súa poesía, aínda que non tivo éxito nin con Ahmet I (1603-1617) nin con Osmán II ( 1618-1622). Así e todo, finalmente o sultán Murad IV (1623-1640) recoñeceulle a súa habilidade concedéndolle un estipendio.
Por mor dos seus versos satíricos a funcionarios do goberno, a petición do kaymakam Bayram Pasha[2] executárono por estrangulación.
Obras
[editar | editar a fonte]Nef'i recibiu unha grande influencia da poesía persa clásica, pero desenvolveu a forma turca kaside. Ademais de odas, especialmente sobre o sultán Murad IV, Nef'i escribiu versos sarcastícos sobre os fallos de determinados funcionarios gobernamentais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nef'i". Büyük Larousse Sözlük ve Ansiklopedisi. pp. 8581-8582.
- ↑ Shaw, Ezel Kural; Shaw, Stanford J. (1976). History of the Ottoman empire and modern Turkey. Vol. 1, Empire of the Gazis: the rise and decline of the Ottoman empire, 1280-1808. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 0-521-29163-1.