Necrópole do Alto de Rebullón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dolmen de Meixoeiro.

A necrópole do Alto de Rebullón foi unha necrópole do neolítico (IV milenio a.C.) situada na parroquia de Cela (Mos). Estaba formada por 12 monumentos megalíticos repartidos polos lugares das Pereiras, Cela e San Cosme, xunto á necrópole das Xunqueiras ou das Pedreiras.[1] A súa conservación é practicamente inexistente, sendo o, trasladado, dolmen de Meixoeiro dos poucos monumentos conservados ademais de dous dolmens reconstruídos.[2] Moitas das pedras orixinais leváronse ao centro cultural As Pedriñas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Alén; Filgueira Valverde (1997). "Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra". El Museo de Pontevedra (en castelán). 
  2. "Mámoas destruídas do Rebullón I e II". xosecounhago.com. Consultado o 2022.