Nebulosa do Cono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nebulosa do Cono
Cone Nebula (NGC 2264) Star-Forming Pillar of Gas and Dust.jpg
Tomada polo Telescopio Espacial Hubble o 2 de abril do 2002.
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de obxecto Nebulosa difusa + Nebulosa escura
Ascensión recta 06h 41m 06s[1]
Declinación +09° 53′[1]
Distancia 2.700 al[2]
Magnitude aparente -
Dimensións aparentes 10 arcmins[1]
Constelación de Monoceros
Características físicas
Radio 4 al[3]
Magnitude absoluta ?

A Nebulosa do Cono é unha rexión H II da constelación de Monoceros. Foi descuberta por William Herschel o 26 de decembro de 1785, momento na que a designou coma H V.27 . A nebulosa está situada a uns 830 parsecs ou 2.700 anos luz de distancia respecto da Terra. A Nebulosa do Cono forma parte da nebulosidade ó redor do Cúmulo Árbore de Nadal. A designación de NGC 2264 no New General Catalogue refírese a obxectos e non a nebulosa por separado.

A difusa Nebulosa do Cono, chamada así pola súa forma cónica, atópase na parte sur de NGC 2264, a parte norte ven sendo a magnitude -3,9 do Cúmulo Árbore de Nadal. Á súa vez o conxunto está situado na parte norte de Monoceros, xusto ó norte do punto medio dunha liña imaxinaria entre Procyon e Betelgeuse.

A forma do cono vén dunha nebulosa de absorción escura que está composta hidróxeno molecular frío e po en fronte dunha apagada nebulosa de emisión que contén hidróxeno ionizado por S Monocerotis, a estrela máis brillante de NGC 2264. Esta nebulosa débil (cun tamaño aparente de 10 minutos de arco) está separada uns sete anos luz respecto da nebulosa escura, e o conxunto de ambas está a 2.700 anos luz de distancia da Terra.

A nebulosa é parte dun complexo moito máis grande de formación de estrelas -o Telescopio Espacial Hubble foi usado para capturar imaxes das estrelas en formación en 1997.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Students for the Exploration and Development of Space (ed.). "SEDS information on NGC2264". Arquivado dende o orixinal o 12-03-2009. Consultado o 27-03-2009. 
  2. NASA (ed.). "Astronomy Picture of the Day". Consultado o 27-03-2009. 
  3. 2.700 × sin( 10′ / 2 ) = 3-4 al. radio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]