Naty Abascal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNaty Abascal

(2007) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Natividad Abascal y Romero-Toro Editar o valor em Wikidata
2 de abril de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , actriz de cinema , socialité , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRafael de Medina y Fernández de Córdoba
FillosRafael de Medina Abascal, Luis de Medina Abascal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0007707 Instagram: natyabascal Editar o valor em Wikidata

Natividad Abascal Romero-Toro, nada en Sevilla o 1 de abril de 1943, máis coñecida como Naty Abascal ou Nati Abascal, é unha modelo de alta costura española, musa de modistos como Valentino e Óscar de la Renta e ex duquesa de Feria. É membro da International Best Dressed List dende 1984.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neta do V marqués de Romero-Toro, título pontificio, naceu nunha familia de doce irmáns. Ten unha irmá xemelga, Ana María. O seu pai, Domingo Abascal e Fernández, era un rico avogado, dono de extensos oliveirais e un próspero negocio de olivas, e a súa nai, María Natividad Romero-Toro y Noriega, foi a primeira muller que abriu unha boutique en Sevilla.

Cando tiña vinte e un anos, o modisto Elio Berhanyer propúxolles á súa irmá xemelga Ana María e a ela que presentasen a súa colección en Nova York durante a Exposición Mundial de 1964. Alí coñeceron a Richard Avedon quen, ao seu regreso a España, lles ofreceu posar para unha reportaxe de 15 páxinas na revista de moda Harpers Bazaar que se publicou en xaneiro de 1965. Meses despois, Avedon volveu fotografar a Naty soa para a portada da mesma revista. A partir de entón, comezou a subir a súa cotización como modelo e instalouse en Nova York. Elieen Ford, directora da axencia de modelos máis importante dos Estados Unidos, contratouna e Naty Abascal comezou a pasar modelos dos máis famosos modistos. Presentou peles de Revillon e Maximilliam e posou con xoias de Cartier ou Bulgari. Está considerada a musa dos modistos Óscar de la Renta e Valentino. En 1970 casou co escocés Murray Livingstone Smith, do que se divorciou cinco anos máis tarde.

Woody Allen contratouna en 1971 para o seu filme Bananas, en que interpretou o papel dunha guerrilleira latinoamericana. Tamén realizou un anuncio publicitario para televisión en que aparecía pintada por Salvador Dalí, e posou espida para o número de xullo de 1971 da revista Playboy.

En 1975, tralo seu divorcio, decidiu regresar a Sevilla, onde, o 14 de xullo de 1977, contraeu matrimonio con Rafael Medina y Fernández de Córdoba, duque de Feria, marqués de Villalba e segundo fillo dos duques de Medinaceli, ao que coñecía dende a infancia. A cerimonia celebrouse na ermida de El Rocío. A partir de entón afastouse das pasarelas. Do seu matrimonio co duque de Feira naceron dous fillos: Rafael (nado o 25 de setembro de 1978[2]) e Luis (nado o 31 de agosto de 1980).

Na década de 1980 colaborou como estilista e seleccionando grandes casas en España para a revista House and Garden, regresando ao seu traballo de modelo por todo o mundo logo da súa separación.

Tras o verán de 1988 comezaron os rumores sobre a posible relación sentimental entre Naty Abascal e Ramón Mendoza, presidente do Real Madrid. En outubro dese ano separouse do seu marido. A súa relación co presidente do club madrileño durou ata finais de 1989.

O 13 de febreiro de 1989 ditouse sentenza no xuízo de separación dos duques de Feria. Nesta, ademais de establecerse as pensións correspondentes, concedeuse a patria potestade dos fillos a Naty Abascal, e recollíase a renuncia expresa dela ao uso dos títulos que obtivera por matrimonio. Meses despois, en xuño de 1989, unha sentenza posterior concedeulle a patria potestade ao aristócrata. Os trámites para a nulidade do matrimonio iniciounos o duque de Feira en xaneiro de 1992.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vanity Fair". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2020. 
  2. "Rafael Medina". Todotele. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2007. Consultado o 04 de xullo de 2020. 
  3. Casa del Libro
  4. "La Isla Libros". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2013.