National LGBTI Health Alliance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A National LGBTI Health Alliance, en galego "Alianza Nacional de Saúde LGBTI", é unha organización de saúde para organizacións LGBT e intersexuais en Australia. Organización sen ánimo de lucro, foi creada en agosto de 2007.[1] A alianza está presidida actualmente por Susan Ditter; Rebecca Reynolds é directora executiva.[2]

Áreas clave de actividade[editar | editar a fonte]

As áreas clave inclúen o envellecemento,[3] a saúde mental, a prevención do suicidio, a saúde intersexual, a saúde transxénero e a recolección de datos.[4][5][6]

Envellecemento[editar | editar a fonte]

A organización dirixiu consultas sobre unha estratexia inclusiva de atención á vellez para o Departamento de Saúde que axudou a desenvolver unha estratexia nacional.[3][7]

Saúde intersexual[editar | editar a fonte]

En 2013, a Alianza pediu a aplicación das recomendacións dun informe do Comité do Senado sobre a "esterilización involuntaria ou forzada das persoas intersexuais". A Alianza xa fixera presentacións e participou nunha audiencia sobre o tema.[8][9]

Saúde mental e prevención do suicidio[editar | editar a fonte]

Un informe importante sobre saúde mental e prevención do suicidio, preparado por PricewaterhouseCoopers, foi publicado en agosto de 2011. O informe atopou que "hai maiores niveis de depresión, ansiedade e outros problemas de saúde mental nas poboacións LGBTI, con probas que suxiren que o intento de suicidio é de 3,5 a 14 veces máis alto" que no resto da poboación.[10]

En setembro de 2013, a Alianza uniuse a unha campaña nacional chamada "Estratexia nacional de prevención do suicidio LGBTI", co obxectivo de reducir á metade as taxas de suicidio en 2023.[11]

Problemas de saúde trans e intersexo[editar | editar a fonte]

A Alianza lanzou un informe sobre as cuestións de saúde trans e intersexual no Parliament House federal en novembro de 2012.[12] Con Organisation Intersex International Australia, a Alianza tamén foi consultada polo Departamento de Saúde e Envellecemento que levou a melloras no acceso ós servizos de Medicare, informou en xullo de 2013.[13][14]

Conferencia nacional de saúde en diferenza[editar | editar a fonte]

A Alianza organiza unha conferencia bianual, Health in Difference. A conferencia de 2013 celebrouse en Melbourne en abril. Joy 94.9 rexistrou as sesións plenarias.[15][16][17]

Director executivo[editar | editar a fonte]

A finais de 2013, Warren Talbot anunciou a súa dimisión como director executivo por motivos de saúde, e Andrew Little foi nomeado director executivo. Rebecca Reynolds, anteriormente directora de Twenty10, accedeu ó posto en febreiro de 2014.[2]

Asociacións membros[editar | editar a fonte]

As asociacións que pertencen á Alianza inclúen:

Afiliacións[editar | editar a fonte]

O National LGBTI Health Alliance é membro do Centro de Investigación Cooperativa Young and Well[18] e da Coalición Nacional para a Prevención do Suicidio.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. About Us Arquivado 11 de decembro de 2013 en Wayback Machine., National LGBTI Health Alliance, Australia
  2. 2,0 2,1 Reynolds to lead National LGBTI Health Alliance, Star Observer, 10 de decembro de 2013
  3. 3,0 3,1 Call to action as gays go grey, Sydney Morning Herald, 20 de decembro de 2012
  4. LGBTI Health Alliance Farewells Talbot, Star Observer, 5 de novembro de 2013
  5. International Intersex Awareness Day Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Gay News Network, Outubro 2012
  6. LGBTI groups hopeful of progress under Coalition Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Gay News Network, 9 de setembro de 2013.
  7. National Lesbian, Gay, Bisexual, Transgender and Intersex (LGBTI) Ageing and Aged Care Strategy, Department of Health (Australia), 15 de marzo de 2013
  8. New Report highlights gaps in Australia’s intersex health care Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Gay News Network, 20 de novembro de 2013.
  9. Health Alliance calls for implementation of Intersex Report Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine., LOTL.
  10. Media Release: LGBTI Alliance releases mental health report: shocked by mainstream services’ attitudes, National LGBTI Health Alliance, 15 de agosto de 2011.
  11. Leading groups join push for LGBTI suicide prevention strategy, Star Observer, 10 de setembro de 2013.
  12. Report identifies way forward for LGBTI health Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., Warren Entsch MP, 28 de novembro de 2012.
  13. Medicare is now sex and gender neutral, Organisation Intersex International Australia, 24 de xullo de 2013
  14. All Gender Discrimination to be Removed from Medicare, Joint Press Release, The Hon Tanya Plibersek MP Minister for Health, Minister for Medical Research and Senator The Hon Jan McLucas, Minister for Human Services, 24 de xullo de 2014
  15. LGBTI health under the spotlight, Star Observer, 11 de abril de 2013
  16. Health in Difference, Joy 94.9
  17. Intersex health – Morgan Carpenter’s presentation to Health in Difference conference, Organisation Intersex International Australia, 22 abril de 2013
  18. "National LGBTI Health Alliance". Young and Well CRC (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 03 de xullo de 2019. 
  19. National Coalition for Suicide Prevention Arquivado 28 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Suicide Prevention Australia, 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]