Nation of Language
Nation of Language | |
---|---|
Orixe | Brooklyn, Nova York, Estados Unidos |
Período | 2016 - presente |
Xénero(s) | post-punk revival, indie pop, new wave |
Membros | Ian Richard Devaney Aidan Noell Michael Sue-Poi |
Na rede | |
https://www.nationoflanguage.com/ | |
Nation of Language é unha banda estadounidense de new wave e post-punk revival formada no distrito de Brooklyn, na cidade de Nova York, no ano 2016. Está formada por Ian Richard Devaney (voz, guitarra eléctrica, percusión), Aidan Noell (teclados, voz) e Michael Sue-Poi (baixo).
Historia
[editar | editar a fonte]Devaney e Sue-Poi eran membros de The Static Jacks, pero a banda disolveuse despois do seu segundo álbum, In Blue[1]. Devaney inspirouse para comezar un novo proxecto tras escoitar no coche do seu pai Electricity, o tema de Orchestral Manoeuvres in the Dark, que xa escoitara na súa infancia[1]. O que deu comezo como un simple exercicio de Devaney nun teclado, acabou sendo o xermolo de Nation of Language coa incorporación do seu amigo Noell e do seu antigo compañeiro en Static Jacks, Sue-Poi.
A banda publicou unha serie de sinxelos entre 2016 a 2019, antes de encarar a gravación do seu álbum de debut, Introduction, Presence, en maio de 2020[2]
Desde 2018, Devaney ten sido tamén o vocalista principal de Machinegum, un proxecto paralelo creado polo batería de The Strokes, Fabrizio Moretti, nese momento tamén integrante da banda brasileiro-estadounidense Kid Le Chat. Precisamente, Moretti foi responsable da percusión nos temas de Nation of Language "Indignities" e "Sacred Tongue". Así mesmo, o antigo membro de Static Jacks, Nick Brennan, tamén colaborou coa batería no tema "Automobile".
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Introduction, Presence (2020)
Sinxelos e colaboracións
[editar | editar a fonte]- What Does The Normal Man Feel? (2016)
- I've Thought About Chicago (2017)
- Reality (2018)
- Gouge Away (versión dun tema dos Pixies) / One More Try (tema exclusivo en 7") (2020)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Band To Watch: Nation Of Language". stereogum.com (en inglés). 10-1-2018. Consultado o 5-9-2020.
- ↑ "Introduction, Presence by Nation of Language on Bandcamp". bandcamp.com (en inglés). 22-5-2020. Consultado o 5-9-2020.