Narciso Nores Salgado
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Marín, España |
Morte | 2 de maio de 1947 Córdoba, Arxentina |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político , filántropo |
Lingua | Lingua castelá |
Narciso Nores Salgado, finado en Córdoba (Arxentina) o 2 de maio de 1947[1], foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrante na Arxentina. Foi elixido alcalde de Marín en 1920. Permaneceu no cargo até 1922. En 1926, durante a ditadura de Primo de Rivera, como testamenteiro do benfeitor de Marín Narciso Orelo, doou un edificio no Campo da Feria (actual Parque Eguren) e unha terreo en Chan do Monte para asentar a Congregación da Misión de San Vicente Paúl e crear un colexio, o colexio San Narciso. Ao rematar a ditadura volveu ser nomeado alcalde de Marín en 1930.
Predecesor: José Pérez Graña |
Alcalde de Marín 1920 - 1922 |
Sucesor: José del Río Paredes |
Predecesor: Ezequiel Massoni González |
Alcalde de Marín 1930 |
Sucesor: José Alcántara Fernández |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faro de Vigo, 10-5-1947, p. 2.