O Museo de Ciencia NEMO (do latínNinguén) é un centro de ciencia en Ámsterdam, nos Países Baixos. Atópase no barrio de Oosterdokseiland, na zona de Amsterdam-Centrum, entre o Oosterdokseiland e o Kattenburg. O museo ten a súa orixe en 1923, e ten a súa sede na construción creada por Renzo Piano dende o ano 1997. Contén cinco andares de exhibicións científicas e é o meirande centro científico dos Países Baixos. Atrae por volta de 670000 visitantes cada ano,[1] o que o converte no oitavo museo máis visitado do país.