Näkki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe dun näkki nun manto de altar finés

Näkki é na mitoloxía finesa e na estoniana, onde se coñece como Näkk, un espírito mariño que habita os ríos, fontes, so as pontes ou as lagoas e que adoita importunar as persoas baixo moitas aparicencias, ás veces é un ser informe cuberto de plantas acuáticas que se pode asemellar a un sapo ou a un lagarto, outras é un rapaz ou rapaza fermosa por diante pero peludo e feo por detrás, ou ben un home-peixe feo que se pode converter nunha muller fermosa e sensual que seduce a un camiñante para o arrastrar ás profundidades.