Saltar ao contido

Mónica Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMónica Martínez
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Zas, España Editar o valor en Wikidata
Concelleira do Concello da Coruña
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Mónica Martínez Lema, nada en Zas o 7 de novembro de 1972, é unha xornalista e política galega.

Papeleta das Xerais de abril de 2019.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995. Comezou a traballar na Televisión de Galicia en 1996, e presentou o Telexornal Deportes[1] ata 2006. Foi presentadora da información deportiva en Noticias de la Mañana de Antena 3 (2006-2008). Traballou tamén no Xornal de Galicia (2008-2011) e presentou o programa Sin Rodeos en Localia TV da Coruña (2011-2012). Dende 2013 traballa nunha compañía dedicada á publicidade inmobiliaria. Militante de Ciudadanos, foi nas listas ao Congreso dos Deputados nas Eleccións xerais de España de abril de 2019. Foi a candidata á alcaldía da Coruña por esa formación nas eleccións municipais de 2019.[2] Ao ano de saír elixida concelleira deuse de baixa en Ciudadanos sen entregar a acta ao partido a pesar de asinar unha carta ética que así o contemplaba. En setembro de 2020, Martínez incorpórase ao goberno local da Coruña como concelleira de deportes [3]. A pesar de que o Tribunal Supremo sentou xurisprudenza de que os tránsfugas non poden valerse da acta para acadar novos postos e salarios adicionais continuou no goberno municipal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]