My Stepmother Is An Alien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

My Stepmother Is An Alien é un filme estadounidense, unha comedia de ficción científica de 1988. O filme produciuno Weintraub Entertainment Group e distribuiuno Columbia Pictures, a dirección é de Richard Benjamin e os protagonistas principais Kim Basinger, Dan Aykroyd, Jon Lovitz e Alyson Hannigan.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Steven Mills é un brillante astrofísico que consegue enviar unha onda de radio á galaxia máis próxima, chegando a un dos seus planetas pero un accidente fai que poña en perigo a gravidade no planeta, este envía unha nave á Terra para descubrir que cambiou a gravidade e como o solucionar, nesa nave vai Celeste, unha alieníxena loura. Entre os dous xurdira aos poucos o amor.