Municipio de Jēkabpils
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital | Jēkabpils (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.276 (2024) (13,11 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.996,05 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Jēkabpils (pt) , Município de Jekabpils (pt) , Município de Akniste (pt) , Município de Krustpils (pt) , Município de Sala, Latvia (pt) e Município de Viesite (pt) | ||||
Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
PIB nominal | 432.781.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 10.753 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LV-042 | ||||
O municipio de Jēkabpils (en letón, Jēkabpils novads) é un dos 36 municipios de Letonia.
Localizado no sureste de dito país báltico, o municipio creouse durante o ano 2021 despois dunha reorganización territorial, que fusionou a cidade de Jēkabpils, o distrito de Jēkabpils, o distrito de Aknīstes, o distrito de Krustpils, o distrito de Salas e o distrito de Viesītes. O centro do municipio está situado na propia cidade de Jēkabpils, que todavía conta con rango de cidade estatal. Limita ao oeste co Municipio de Aizkraukles, ao norte cos municipios de Madonas e Varakļani, ao leste cos municipios de Livani e Preiļi, ao sur co municipio de Augšdaugava e o condado de Panevėžys de Lituania.
O territorio do municipio solápase por completo co territorio do distrito de Jēkabpils que existía antes da reforma territorial administrativa anterior, ocorrida no 2009.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O territorio do municipio estivo habitado dende o IX milenio d.C. No I milenio a.C. as evidencias indican que houbo asentamentos fortificados en Asote, Dignāj e Sēlpils. A principios da nosa era, a rexión estaba habitada por latgalianos e selianos, a importante vía fluvial de Daugava e as rutas comerciais locais pasaban por ela. No século XIII, Sēlpils e Asote convertéronse en obxectivos dos ataques dos cruzados xa nas primeiras décadas. Na década de 1250, a parte de Selia foi sometida. Despois do colapso de Livonia na década de 1560, as terras da marxe esquerda do Daugava foron adquiridas polo Ducado de Kurzeme e Zemgale, a marxe dereita foi administrada por Polonia e a súa parte norte xa pertencía a Suecia desde a década de 1620. No século XVIII, o territorio do condado pasou baixo o control do Imperio Ruso.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pilsēta un pagasti. Dobeles novada pašvaldība (en letón) Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ ArHeoLoĢija LatVijas repubLikas 1 (1918–1940) Laikā (en letón). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 7 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Municipio de Jēkabpils |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Relación: Jēkabpils novads en openstreetmap.org (en inglés).