Movemento pola Autodeterminación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento pola Autodeterminación
Mivimentu per l'Autodeterminazione
Partido político desaparecido de Córsega
Dirixentes e organización
LíderAlain Orsoni
Historia
Fundación1990
Disolución1999
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo corso
Independentismo

Movemento pola Autodeterminación (Corso: Mivimentu per l'Autodeterminazione) foi un partido político nacionalista corso e independentista fundado en 1990 coma unha escisión de A Cuncolta Naziunalista (ACN). Tiña sobre 300 militantes e era partidario de combinar a loita armada coa política legal. Durante toda a súa existencia foi considerado o brazo legal do FLNC-Canal Habitual.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu precedente foi o Movemento Corso pola Autodeterminación (MCA), que nas eleccións corsas de 1984 obtivera un 5'2 % do voto e tres deputados. Nas eleccións corsas de 1992 promoveu a coalición U Rinnovu, pero despois dunha rolda de contactos con Edmond Simeoni abandona esta coalición para apoiar a Corsica Nazione. Debilitados polas escisións de 1994 e 1996 e pola guerra interna do FLNC, moitos militantes abandonan o partido e únense a Corsica Viva. En 1997 o MPA disólvese, dous anos despois de que o FLNC-Canal Habitual tamén desaparecera.[1]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Mouvement Pour l'Autodétermination". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2017.