Saltar ao contido

Movemento Socialista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento Socialista
Mugimentu Sozialista
TipoMovemento político
PropósitoConstruir un partido comunista de masas a nivel europeo
IdeoloxíaMarxismo, Comunismo, Left-Com, Comunismo consellista
PaísPaís Vasco
Na rede
https://gedar.eus/
editar datos en Wikidata ]

O Movemento Socialista (MS) (orixinalmente, e en eúscaro: «Mugimendu Sozialista») ou corrente socialista («ildo sozialista») é un movemento político e social con orixe no País Vasco de ideoloxía comunista formado a finais da década de 2010.[1][2] Está formado por distintas organizacións relacionadas entre si, cada unha cun espazo de acción definido. Na Galiza, a organización correspondente do MS é a Creba Socialista.

Aínda que nace do mesmo espazo social que o Movemento de Liberación Nacional Vasco (MLNV), o Movemento Socialista rompeu desde os seus inicios coa esquerda abertzale e coa súa estratexia, situándose como un movemento organizado á marxe da mesma, xa que consideran que a esquerda abertzale ten unhas posicións socialdemócratas incompatibles coa revolución socialista e que o comunismo foi arrinconado «de forma sistemática» no seo da esquerda abertzale. Os territorios fóra de Euskal Herria que tamén se uniron ao Movemento Socialista tamén parten da ruptura con experiencias políticas previas, como é o caso de Cataluña/Comunidade Valenciana con Arran e o resto do Estado Español coa UJCE. As distintas organizacións que forman o movemento agrúpanse arredor das ideas do marxismo revolucionario e o comunismo.[3][4][5]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

O final de ETA e creación de novas correntes na esquerda abertzale (2011-2017)

[editar | editar a fonte]

Tras o cesamento definitivo da actividade armada de ETA en 2011, xurdiron varias tensións no seo da esquerda abertzale, creando unha multitude de organizacións que non asumían as teses oficiais establecidas e que reclamaban unha estratexia diferente. Co paso do tempo, a través do intercambio de ideas entre diferentes militantes vinculados ao movemento estudantil e aos gaztetxes, comezaron a sentar as bases do que máis tarde sería a corrente ou movemento socialista. Neste proceso inicial, tiveron especial relevancia blogs como Borroka garaia, onde se publicaron reflexións e textos desenvolvidos polos militantes.[4]

Ruptura entre Ikasle Abertzaleak e Ernai (2018)

[editar | editar a fonte]

O movemento estudantil tivo unha gran importancia na creación do Movemento Socialista, xa que foi en Ikasle Abertzaleak —sindicato estudantil da esquerda abertzale desde 1988— onde chocaron notablemente as dúas correntes principais da esquerda abertzale nun enfrontamento polo liderado da organización. Tales foron as discrepancias que en outubro de 2018 se rompeu a alianza que historicamente existira entre a organización estudantil e a xuvenil da esquerda abertzale, que nese momento era Ernai, ao considerar que «se afastaron por completo a visión e a práctica política de ambas as organizacións».[6] Este feito confirmou a ruptura do MLNV con Ikasle Abertzaleak, os cales reivindicaron no seu VII Congreso (2019) a construción dun «Estado socialista vasco».[5] Ernai, pola súa banda, puxo en marcha Ikama, unha nova organización estudantil que seguirá coordinándose baixo o MLNV. [7]

Creación de organizacións e encontros (2019-2022)

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2019, púxose en marcha a publicación dixital Gedar, para dar voz ás organizacións e militantes do movemento socialista. Declarouse abertamente como o elemento de propaganda e comunicación política do movemento, creado coa fin de servir de ferramenta política para a clase traballadora.[8]

En febreiro do mesmo ano, presentouse Gazte Koordinadora Sozialista (GKS) no frontón Auzolana de Vitoria.[9] GKS naceu co obxectivo de abordar a problemática da mocidade desde unha perspectiva de clase, e facíao traballando en conxunto con Ikasle Abertzaleak, dando forma ao que máis tarde sería o Movemento Socialista. Ambas as organizacións puxeron en marcha diversas iniciativas conxuntas, entre as que destacaba Euskal Herriko Gazte Sozialisten Topagunea (en galego, «Punto de Encontro de Mozos Socialistas de Euskal Herria»).[10]

Nese mesmo ano xurdía Erraki, co obxectivo de incidir nos espazos autogestionados, como os gaztetxes. A idea detrás de Erraki era establecer os marcos necesarios para superar as limitacións que podían existir na xestión illada de devanditos espazos, a través da solidariedade de clase e dotándolles de mecanismos de autodefensa.[11]

En outubro de 2020, Itaia, rede de mulleres socialistas existente desde 2018, definiuse como organización socialista de mulleres. Desta forma, Itaia pasaba a ser unha organización no seo do MS que abordaba a problemática de xénero desde unha perspectiva de clase.[12]

No mesmo ano, xurdía o primeiro Kontseilu Sozialista («Consello Socialista») en Iruñerria. Esta nova organización buscaba analizar a totalidade desde unha perspectiva socialista, e nacía coa intención de ser unha organización intergxeracional —até ese momento, as distintas organizacións do MS estaban centradas en espazos de acción moi concretos e, principalmente, na mocidade—.[13] Co tempo, xurdiron máis núcleos baixo o paraugas de Kontseilu Sozialistak en distintas comarcas de País Vasco, Navarra e do País Vasco francés.[Cómpre referencia]

En 2021, dentro do MS, xurdía a organización Ekida, co obxectivo de traballar a arte e a cultura desde unha perspectiva socialista.[14]

Expansión do Movemento Socialista fóra de Euskal Herria (2022-2024)

[editar | editar a fonte]

O 17 de xullo de 2022, varias asembleas fan pública a creación dun novo espazo político chamado "Horitzó Socialista". O movemento xurdiu en Cataluña por mor dunha escisión da organización xuvenil Arran debido a diferenzas políticas, ideolóxicas e estratéxicas no seo da organización independentista catalá. Isto daría paso en 2023 á creación da Organització Juvenil Socialista en Catalunya e o Paìs Valenciá.[15]

En abril de 2024, exmilitantes de organizacións como as MPI, UJCE, Galiza Nova ou Xeira anunciaban a creación dunha nova organización do Movemento Socialista na Galiza, a Creba Socialista.

Pouco despois, en marzo de 2024, froito dun proceso de debate e reflexión entre o Encontro polo Proceso Socialista e un sector maioritario de militantes da UJCE, organización xuvenil do PCE, nace a Coordinadora Juvenil Socialista (CJS).[16]

Consello Socialista de Euskal Herria (2023)

[editar | editar a fonte]

Por primeira vez desde a separación de Ikasle Abertzaleak do MLNV e o nacemento posterior de diversas organizacións do Movemento Socialista, ponse en marcha unha organización política que actuará como referente político do conxunto do movemento, así como de dirección política do mesmo. O Euskal Herriko Kontseilu Sozialista (Consello Socialista de Euskal Herria) presentouse o 16 de decembro de 2023 no frontón Astelena de Eibar ante máis de 1.500 militantes comunistas.[17][18]Os até entón denominados Kontseilu Sozialistak reorganízanse como agrupacións territoriais e sectoriais desta nova organización principal.[19]

Organizacións

[editar | editar a fonte]

As organizacións do MS son un subconxunto da multitude de grupos que xurdiron na década de 2010 como consecuencia dos desencontros internos da esquerda abertzale e outras organizacións fóra de Euskal Herria. Aínda que existen espazos compartidos coas mesmas, o MS rexeita calquera relación organizativa e, por tanto, non forman parte do mesmo outras organizacións disidentes como Jarki, Jardun, Hauspoa, ATA ou Herritar Batasuna.[20]

  • Euskal Herriko Kontseilu Sozialista (EHKS) (Consello Socialista de Euskal Herria): dirección política do movemento.
  • Gazte Koordinadora Sozialista (GKS): organización xuvenil en Euskal Herria.
  • Ikerketa Sozialisten Institutua (ISI) (Instituto de Estudos Socialistas): think tank do movemento.
  • Ikasle Abertzaleak (IA): organización/sindicato estudantil en Euskal Herria.
  • Itaia: organización de mulleres en Euskal Herria
  • Erraki: organización a favor dos centros ocupados autogestionados en Euskal Herria
  • Ekida: organización artística e cultural en Euskal Herria.
  • Euskal Herriko Etxebizitza Sindikatu Sozialista: sindicato de vivenda en Euskal Herria.
  • Organització Xuvenil Socialista (OJS): organización xuvenil en Cataluña e Comunidade Valenciana.
  • Creba Socialista: Organización na Galiza.
  • Bastida: Organización nas Illas Baleares.
  • Coordinadora Xuvenil Socialista (CJS): organización xuvenil noutros territorios dentro do Estado Español.
  1. "Una gresca nada juvenil" (en castelán). 2022-06-10. Consultado o 2022-06-17. 
  2. "Miles de jóvenes abertzales críticos con EH Bildu marchan contra banqueros, empresarios y políticos" (en castelán). 2022-01-30. Consultado o 2022-06-17. 
  3. Gedar. "[IKUSPUNTUA] Paul Beitia: Contra la nostalgia". Arquivado dende o orixinal o 7 de junio de 2022. Consultado o 2022-06-07. 
  4. 4,0 4,1 "Komunismoa helburu". Argia (en éuscaro). Consultado o 2022-06-07. 
  5. 5,0 5,1 "Euskal eskola nazionala eta euskal estatu sozialistaren aldeko apostua berretsi dituzte" (en éuscaro). Consultado o 2022-06-07. 
  6. SL, TAI GABE DIGITALA (2018-10-05). "Ernai eta Ikasle Abertzaleaken arteko «aliantza estrategikoa bertan behera» gelditu da" (en éuscaro). Consultado o 2022-06-07. 
  7. "Hik Hasi" (en éuscaro). Consultado o 2022-06-07. 
  8. Gedar. "[Mugimendu Sozialista / KONTSEILU SOZIALISTAK]" (en éuscaro). Arquivado dende o orixinal o 21 de noviembre de 2021. Consultado o 2022-06-07. 
  9. "Gazte Koordinadora Sozialista aurkeztu dute Gasteizen" (en éuscaro). Consultado o 2022-06-07. 
  10. Gedar. "Kaleratu dute Euskal Herriko Gazte Sozialiston Topagunearen egitaraua". Consultado o 2022-06-07. 
  11. "Erraki sortu dute, gune autogestionatuen babes sarea" (en éuscaro). Consultado o 2022-06-07. 
  12. Gedar. "Itaia Emakumeon Antolakunde Sozialista sortu dute" (en éuscaro). Consultado o 2022-06-07. 
  13. "Ahotsa.info" (en éuscaro). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2022. Consultado o 2022-06-07. 
  14. "EKIDA sozialiston kultur ekimena sortu da" (en éuscaro). 2021-02-16. Consultado o 2022-06-07. 
  15. Latinoamericano, Resumen (2023-09-26). "Estado español. Con una impronta ideológica similar a sus compañeres del País Vasco, nacen nuevos grupos juveniles socialistas en Valencia y Catalunya: "Es urgente volver a creer que la revolución es posible"" (en castelán). Consultado o 2024-07-23. 
  16. Red, Diario (2024-03-15). "Nace la Coordinadora Juvenil Socialista con el objetivo de hacer del socialismo un proyecto de masas" (en castelán). Consultado o 2024-07-23. 
  17. Press, Europa (2023-12-16). "Movimiento Socialista crea el partido Consejo Socialista de Euskal Herria para convertir "el comunismo en hegemónico"". Consultado o 2024-01-12. 
  18. Gedar. "Euskal Herriko Kontseilu Sozialista sortu dute" (en castelán). Consultado o 2023-12-16. 
  19. "Nueva Estrategia Socialista. Bases estratégicas para la composición internacional del comunismo." (PDF). 16 de diciembre de 2023. Consultado o 16-12-2023.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  20. Gedar. "[KOLABORAZIOAK] Dani Askunze, Ane Ibarzabal, Jon Losada, Lur Renteria eta Amets Sarasua: El posicionamiento del Movimiento Socialista a raíz de las recientes polémicas". Consultado o 2022-06-07.