Saltar ao contido

Motu Iti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMotu Iti
Imaxe
Tipoilla
grupo de illas Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Marquesas Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Marquesas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPolinesia Francesa, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 8°40′34″S 140°37′02″O / -8.67608, -140.61728
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións0,565 (ancho) × 0,67 (lonxitude) km
Superficie0,2 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1791 Editar o valor en Wikidata

Motu Iti, ou tamén Hatu Iti, é unha illa das Marquesas, na Polinesia Francesa. O nome Motu Iti significa «illa pequena». Igualmente é un nome común na Polinesia utilizado en moitos lugares diferentes; tales como un illote na Illa de Pascua, fronte ao volcán Rano Kau.

A illa de Motu Iti nas Marquesas, está situada no grupo norte do arquipélago, ao noroeste de Nuku Hiva.

A illa consta de dúas rochas: Motu Iti e Plate. Por este motivo Etienne Marchand, tras descubrilas en 1791, bautizounas como Deux-Frères, «dous irmáns». Motu Iti é de orixe volcánica e ten unha altitude máxima de 220 metros. Está deshabitada e depende administrativamente da comuna de Nuku Hiva.