Motor autoexcitación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Shunt, serie e compound.

A autoexcitación do motor vén dada cando a corrente continua que percorre as bobinas indutoras procede da mesma máquina de corrente continua.

Aproveitando a existencia dun certo magnetismo remanente, por mor do ciclo de histérese que presentan os materiais magnéticos, este fluxo remanente provoca que ó xirar o inducido se xere nel unha pequena forza electromotriz (f.e.m.), que convenientemente aplicada ó circuíto de excitación, dará lugar a unha pequena corrente inducida que reforzará o magnetismo remanente de inicio, o que provocará que a f.e.m. inicial se vexa reforzada, xerando unha maior corrente que dará maior excitación, reforzándose o fluxo, producindo un novo aumento de f.e.m. e así sucesivamente ata conseguir o punto de cebado da máquina, no que se alcanza un punto de estabilidade de tensión en bornes da máquina, dando lugar a que se manteña constante a corrente de excitación e polo tanto tamén o fluxo indutor. Este punto de estabilidade alcánzase por mor de que os materiais magnéticos presentan un codo de saturación a partir do cal aínda que se aumente a corrente de excitación, non pode aumentarse a magnetización do núcleo magnético.

Segundo sexa a conexión entre as bobinas do debado indutor e do inducido, distínguense tres tipos de máquinas autoexcitadas: shunt ou derivación, serie e composta ou compound.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]