Motor de excitación independente
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Os motores de excitación independente son aqueles que obteñen a alimentación do rotor e do estator de dúas fontes de tensión independentes. Así, o campo do estator é constante ó non depender da carga do motor, e o par de forza é practicamente constante. As variación de velocidade ó aumentar a carga deberanse só á diminución da forza electromotriz por aumentar a caída de tensión no rotor.
As curvas características do motor a miúdo son dúas:
- A característica de velocidade nas que se representa como se modifica a velocidade de xiro en función da intensidade do inducido mentres mantense constante a intensidade de excitación.
- A característica de par, na que se representa a variación do par en función da intensidade do inducido mentres mantense constante a intensidade de excitación.
O motor de excitación independente é o máis axeitado para calquera tipo de regulación pola independencia entre o control polo indutor e o control polo inducido.
Os motores de excitación independente teñen como aplicacións industriais o torneado e taladrado de materiais, ventilación de fornos, retroceso de útiles para serrar...
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |