Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde novembro de 2018.)
Moto Vespa SA (renomeada en 1996 como Piaggio España S.A.) foi unha empresa española con sede en Madrid adicada ao deseño e fabricación de ciclomotores. O seu modelo máis coñecido foi o Vespino.
Foi a empresa líder de venda en España de ciclomotores durante 32 anos, creándose máis de 20 modelos diferentes, sendo os máis fabricados, por orde cronolóxica:
modelo "L" de 1968
"GL" (Gran Luxo) de 1973
"SC" (Súper Confort) de 1980
"ALX" (admisión por láminas) de 1985
XE (arranque eléctrico)
"NL" (New Look) de 1991
"F-9" de 1992
"VELOFAX" de 1995
"F-18" de 1999
Chegou despois de 30 anos de produción a 1 800 000 ciclomotores fabricados, a última unidade foi un modelo especial para Telepizza.