Saltar ao contido

Mosteiro de San Millán de Yuso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMosteiro de San Millán de Yuso
(es) Monasterio de San Millán de Yuso Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomosteiro
Monumentos do patrimonio histórico de España Editar o valor en Wikidata
Parte deMosteiro de San Millán de la Cogolla
Yuso Monastery and Monastic Kitchen Gardens (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSan Millán de la Cogolla, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°19′33″N 2°51′55″O / 42.3258, -2.8653
Características
Ben de interese cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000704

O Mosteiro de San Millán de Yuso ou Mosteiro de Yuso ("yuso" significa "abaixo" en castelán, aínda que xa está en desuso) está situado preto da vila de San Millán de la Cogolla, na Rioxa, na marxe esquerda do río Cárdenas e forma parte do conxunto monumental de dous mosteiros, con outro construído anteriormente e que se sitúa máis arriba, chamado Mosteiro de San Millán de Suso, os dous declarados Patrimonio da Humanidade en 1997.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Este mosteiro foi mandado construír no ano 1053 polo rei navarro García Sánchez III de Navarra «o de Nájera». A historia da súa fundación vai unida a unha lenda baseada nun milagre de san Millán (ou Emiliano), un novo pastor, que se fai ermitán. Cando en 574 morre Millán, á idade de 101 anos, os seus discípulos o enterran na súa cova, e arredor dela se vai formando o primeiro mosteiro, o de San Millán de Suso. San Braulio, cincuenta anos despois de morto, escribe a súa vida. O conde Fernán González era moi devoto del. Tras a batalla de Simancas, no ano 923, na que San Millán aparece en defensa dos cristiáns, é nomeado patrón de Castela, e comprométense a pagar os Votos de San Millán. Tras a imposición do padroado de Santiago coa unificación de Castela e de León, os casteláns seguirán invocando a San Millán como ao seu patrón, e no século XVII, ao discutirse de novo o padroado de España, vólveno confirmar como patrón de Castela e copatrón de España.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]