Moses (canción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Moses» (en galego, Moisés) é o único sinxelo do álbum Live 2003, primeiro álbum en directo editado pola banda inglesa de rock alternativo Coldplay. Interpretouse no Hordern Pavilion de Sidney o 21 e 22 de xullo de 2003.

A canción escribiuna a actriz Gwyneth Paltrow, dona do cantante Chris Martin. É unha canción romántica que fala de namorarse da muller máis fermosa do mundo e do impacto que provoca na vida dun mesmo. O título da canción utilizouno despois a parella para darlle nome ao seu segundo fillo, Moses Bruce Anthony Martin, nacido en 2006.[1]

Entrou na lista de cancións alternativas dos Estados Unidos chegando á posición 24.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ComCast.net (ed.). "Song Inspirations > Coldplay, 'Moses'" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02/11/2013. Consultado o 16/07/2014. 
  2. Billboard (ed.). "Artists > Coldplay > Chart History > Alternative Songs" (en inglés). Consultado o 24/07/2014.