Morgan (cabalo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Novo cabalo Morgan coa cor típica da raza.

Morgan é unha das primeiras razas de cabalo desenvolvidas en Estados Unidos. A raza influíu en moitas outras razas americanas, incluíndo o Quarter horse, Tennessee Walking Horse e Standardbred Horse. Foron utilizados como cabalos da cabalaría durante a Guerra Civil estadounidense en ambos os lados do conflito. Durante os séculos XIX e XX exportouse a moitos países, incluíndo Inglaterra, no que influíu na mellora da Hackney. En 1907 o Departamento de Agricultura de EE.UU. estabeleceu a Granxa de EE.UU. do cabalo Morgan en Middlebury, Vermont, co fin de perpetuar e mellorar a raza Morgan; a leira foi trasladada máis tarde á Universidade de Vermont. O primeiro rexistro da raza iniciouse en 1909, e desde entón moitas organizacións de Estados Unidos, Europa e Oceanía desenvolvérona. Estímase que hai máis de 175.000 cabalos Morgan en todo o mundo desde 2005.

Características[editar | editar a fonte]

O Morgan é unha raza compacta, refinada, polo xeral de cor negra ou castiñeiro, a pesar de que poden ter moitas cores, incluíndo diversas variedades de pinto. Utilízanse en moitas disciplinas e son coñecidos pola súa versatilidade. A raza Morgan é a típica dos estados de Vermont e Massachusetts. Populares autores para nenos, incluíndo Marguerite Henry e Ellen Feld, retrataron á raza Morgan nos seus libros, como en Henry Justin Morgan tiña un cabalo, e fíxose máis tarde unha película Disney.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mellin, Jeanne. The Complete Morgan Horse
  • "American Morgan Horse". International Museum of the Horse.[1][Ligazón morta] . Consultado o 11 de xuño de 2012.
  • Dutson, Judith (2005). Storey's Illustrated Guide to 96 Horse Breeds of North America. Storey Publishing. pp. 177–180. ISBN 1-58017-613-5.
  • Harris, Fredie Steve (1973). Horse Breeds of the West. Cordovan Corporation. p. 44.
  • De Steiguer, J. Edward (2011). Wild Horses of the West: History and Politics of America's Mustangs. University of Arizona Press. p. 111. ISBN 0-8165-2826-8.[2].