Moon Cresta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moon Cresta
concerto en Compostela, 03-04-2008
OrixeVigo e Nigrán, Galicia
Período1998 - actualidade
Xénero(s)power-funk
MembrosManuel "Doble L", David "Mr. D." Vázquez, Kike "Calzonetti", Rubén "Assaulter"
Na rede
Web oficial

Moon Cresta é unha banda de power & funk ou como eles se denominan funk n' roll, un estilo eléctrico e aberto con influencias do rock e funk dos anos 70 cun son contemporáneo. Entre as súas influencias están clásicos como Led Zeppelin ou Stevie Wonder, e outros máis actuais coma Audioslave ou Jamiroquai. Este cuarteto pretende chegar aos sentimentos do público mediante as súas letras que se aferran a unha base rítmica guitarreira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Este grupo formouse a finais de 1998, e tivo varios cambios de formación. Levan unha carreira de loita polos escenarios de toda a Península Ibérica nos que pasaron dous anos de xira ininterrompida, cos temas do seu dobre álbum de debut CD+DVD “eROCKtile dysFUNKtion SOULutions”.

Para o seu segundo disco The Sparkling Radiostars & Their Lunatic Orcresta, o grupo trasládase a Weed, California (USA), aos RadioStar Studios. Alí, esta agrupación puido acceder á mesma mesa de mesturas que a que se empregou no LP “The song remains the same” de Led Zeppelín, ás guitarras utilizadas en sesións de grandes artistas da historia do rock como Tom Petty ou Johnny Cash, e deste xeito, conseguen unha calidade técnica superior.

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Demo - 1999
  • Demo - 2000
  • Player 1 vs. the world - 2003 EP
  • New staff, new stuff - 2005 demo
  • eROCKtile dysFUNKtion SOULutions - 2006 (PAI -Edicións) CD + DVD
  • The Sparkling Radiostars & Their Lunatic Orcresta - 2010 (Leena & Teena)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]