Saltar ao contido

Monumento da Renacenza Africana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento da Renacenza Africana
Imaxe
 Instancia de
 Conmemora
Características
 Material / ingrediente
 Xénero artístico
 Movemento
 Representa a
Implicados
 Encargado por
 Creador/a
 Arquitecto/a
Datas
 Fundación / creación
2008 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
3 de abril de 2010 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   60 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/09g6tw7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Monumento da Renacenza Africana (en francés Monument de la Renaissance africaine) é unha estatua monumental en bronce de 49 metros de altura [1] que conmemora o 50 aniversario da independencia do Senegal e que chama para a realización dunha nova Renacenza Africana, localízase preto do océano Atlántico, nun dos outeiros xemelgos coñecidos como Deux Mamelles en Oukam, un concello dos arredores de Dacar. A estatua deseñouna o arquitecto Pierre Goudiaby Atepa so unha idea do presidente Abdoulaye Wade encargándose as obras a unha compañía de Corea do Norte que comezou cos preparativos no outeiro en 2006 aínda que a construción da estatua non principiou ata o 3 de abril de 2008 inaugurándose coincidindo coa festa nacional senegalesa o 4 de abril de 2010. Trátase dunha das estatuas máis grandes do mundo, a maior de África e de fóra de Asia e a antiga Unión Soviética. O proxecto xerou moita controversia[2] no país xa que o presidente Wade reclamou dereitos de autor sobre a obra, reclamando o 35% dos beneficios xerados, tamén se cuestionou o estilo da escultura, etiquetándoa propia do realismo socialista e non moi africana e polo seu elevado custo, 27 millóns de dólares.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]