Monte Olimpo, Chipre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
| (el) Όλυμπος | ||||
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Illa de Chipre | |||
| Localización | ||||
| Continente | Asia | |||
| División administrativa | Chipre | |||
| ||||
| Cordilleira | Troodos (pt) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 1.952 m | |||
| Prominencia topográfica | 1.952 m | |||
| Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
| Data | 2 de abril de 2002 | |||
| Identificador | 1677 | |||
O monte Olimpo é a montaña de maior elevación na illa mediterránea de Chipre, cunha altura de 1.953 metros sobre o nivel do mar.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O Olimpo chipriota forma parte da cadea dos montes Troodos e érguese máis ou menos no centro-oeste da illa. O pico máis alto da montaña, denominado Chionistra, está case por completo ocupado polas instalacións de telecomunicacións e radar do exército chipriota e do Reino Unido, consonte ao Tratado de Independencia asinado no 1960.
Ascensión
[editar | editar a fonte]É posíbel ascender seguindo a estrada que sobe polo monte, ou ben a pé a través dun val no que se poden observar algunhas fervenzas. Nas proximidades do monte radica o famoso mosteiro de Kykkos.
Instalacións de esquí
[editar | editar a fonte]No inverno, entre o mes de xaneiro e o de marzo, con algunhas precipitacións é posíbel esquiar nas catro pistas do Olimpo, ás que se chega desde a estrada que sae desde a aldea de Troodos.
Nota
[editar | editar a fonte]O Olimpo mitolóxico da Grecia Antiga está inspirado por outro monte homónimo, o Olimpo de Grecia, sito entre as rexións da Macedonia helena e a Tesalia.
